A posible desaparición dos likes de Instagram - Actualidade
Actualidade
« Atrás
A posible desaparición dos likes de Instagram
Data: xoves, 24 de outubro de 2019
Instagram xa comezou cun cambio que supoñerá un antes e un despois no uso da rede social do like.
O pasado mes de xullo, Instagram explicaba o seguinte no seu perfil oficial de Twitter: "Queremos que os teus amigos céntrense nas fotos e os vídeos que compartes, e non en cantos likes reciben", mostrando a continuación unha listaxe de países onde esta rede social comezaría a implementar un experimento para invisibilizar os "gústame": Australia, Brasil, Canadá, Italia, Xapón e Nova Zelanda.
Desta forma, cada persoa usuaria aínda poderá ver os seus propios likes ao facer clic na lista de persoas que lle deran a ‘gústame', pero non o poderán ver o resto de seguidores e seguidoras que simplemente verán algunha persoa que interactuaron co post, acompañado dun "e outros".
Ademais, crese que este cambio estenderase a nivel mundial proximamente, pero como sempre na compañía, os grandes cambios fanse de forma paulatina para poder observar con detemento como afecta ás persoas usuarias e á propia rede social.
É cada vez máis preocupante como as redes sociais afectaron e afectan ao equilibrio emocional e psicolóxico dos usuarios e usuarias, sobre todo dos máis novos e novas, esta situación pode estar detrás da decisión de Instagram deste importante cambio.
Aínda falta por comprobar como afectará aos usuarios da rede social este cambio e sobre todo ás marcas e influencers que a converteron, en moitos casos, na súa principal fonte de ingresos e por suposto ao modelo publicitario existente ata o momento.
María Aller
Asesora TIC
Fonte: SmartPeme