Actualidade

« Atrás

A nova app que está de moda: TikTok

Data:  venres, 22 de novembro de 2019

Se aínda non coñeces esta app chinesa, pode que os teus fillos e fillas si. Esta app móbil está a bater todos os récords, foi a máis descargada durante o pasado 2018 e xa acadou a colosal cifra de 1.000 millóns de usuarios e usuarias, superando a Instagram e Facebook.
 
Pero, que é o que se pode facer con ela? 
TikTok é unha app que serve para crear microvídeos, entre tres e quince segundos ou vídeos de ata un minuto se están gravados previamente, onde cada un/unha pode gravarse, bailar, cantar ou facer playback. Unha rede social diferente e fresca, onde se atopan os e as influencers, youtubers ou instagramers. 
As publicacións, a diferenza doutras apps que contan con privacidade, son vistas por usuarias e usuarios seguidores e non seguidores. Cabe destacar que todas as contas son públicas, pero tamén existe a posibilidade de restrinxir a privacidade a unha lista de contactos que o usuario pode personalizar ao seu gusto.
Conta con máis de 500 millóns de usuarias e usuarios activos, converténdose TikTok nunha das aplicacións de móbiles máis populares, sobre todo entre os e as adolescentes. A idade do seu público parte dos 13 anos.
 
É útil para o meu negocio?
TikTok é unha maneira sinxela e rápida de chegar ata a Xeración Z, é dicir aquelas persoas que naceron entre 1995 e 2010. As marcas atoparon que poden facelo a través de publicidade, con formatos diferentes, creativos e entretidos para o usuario.
A publicidade de pago é un dos reclamos estrela para as grandes marcas, que ven como esta Xeración Z será capaz de cambiar o termo de márketing dixital.
Entre as opcións que destacamos de publicidade de pago atopamos as seguintes: 
  • Biddable Ads: formato que funciona a través dunha puxa. Basicamente, son vídeos que se mostran no feed de inicio.
  • Brand Takeover: formato en forma de anuncio publicitario que se mostra aos usuario e usuarias cando este accede á aplicación. En forma de Imaxe gráfica, mostra unha mensaxe e permite ligar a unha url externa.
  • Branded Lenses: formato en forma de anuncio que ofrece filtros de cámara personalizados. A realidade aumentada toma forma a través deste formato; convértese no preferido das marcas para interactuar cos e coas adolescentes.
  • Hashtag Challenge: a través dun hashtag, crease un formato publicitario, asociados maioritariamente a un reto, tendencia ou campaña e facendo que se converta en viral.
 
Ata a chegada da publicidade de pago nesta app, todas as marcas tentaban destacar a través de acción creativas e totalmente interactivas, coma por exemplo utilizar os seus produtos en vídeos onde promovían hashtags e viralidade. Sen dúbida, seguirá dando de que falar este 2020.
 
 
Fátima Faílde 
Asesora TIC SmartPeme
 

Fonte:  SmartPeme