Actualidade

« Atrás

A importancia do debuxo en 3D

Data:  martes, 29 de setembro de 2020

 
En todo proceso de deseño o debuxo é unha ferramenta fundamental. As ideas máis orixinais case sempre se debuxaron por primeira vez nun pedazo de papel en forma de bosquexo ou esbozo e logo foi materializadas mediante algún método de fabricación. 
 
Antes da chegada os primeiros sistemas de CAD (deseño asistido por computador) todo facíase na mesa de debuxo manualmente, un traballo de precisión bastante laborioso. A mediados dos 60 aparecen os primeiros programas de CAD moi limitados e cun custo moi elevado, pero nos 80 aparece o primeiro sistema CAD de prezo realista, nace AutoCAD. 
 
A partir de aquí, o deseño con CAD sofre unha evolución constante tanto nas súas funcionalidades como na súa interface, cada vez máis intuitiva. Tamén, xorden novos softwares competidores do orixinal AutoCAD que se van adaptando ás necesidades de cada sector industrial: enxeñería e arquitectura foron os primeiros en adoptar estes sistemas.
 
O uso deste tipo de software popularizouse moito na última década, prezos máis alcanzables, curvas de aprendizaxe máis suavizadas pola adopción de interfaces moi intuitivas, gran difusión do seu manexo, pero, sobre todo, a irrupción dunha gran cantidade de software libre cunhas prestacións máis que decentes que aínda non poden competir coas versións de pago máis profesionais, pero si abren a porta do deseño 3D a sectores que, a priori, non contaban con esta tecnoloxía.
 
A fabricación dixital non sería posible sen os sistemas de debuxo en 3D. Estes permítennos plasmar unha idea nunha contorna dixital e, nun breve espazo de tempo, poder ter unha copia física desa idea; pero hoxe, na contorna dixital que vivimos e neste proceso de dixitalización industrial cara ao que imos, o debuxo 3D cobra máis importancia aínda. É case imposible atopar unha aplicación ou unha contorna onde non fose necesaria a intervención de, polo menos, algún elemento debuxado en 3D.
 
Á parte dos xa mencionados: arquitectura, enxeñería ou deseño industrial, onde xa están fortemente implantados os sistemas CAD; a animación 3D, os videoxogos, a realidade virtual, a programación de interfaces gráficas, o modelado para uso médico ou o deseño gráfico son algúns dos sectores onde o debuxo 3D volveuse imprescindible.
 
A demanda de profesionais cos coñecementos e capacidades no manexo de programas de debuxo 3D está nun claro crecemento exponencial, converteuse nunha habilidade imprescindible dentro dos perfís solicitados na maioría de sectores industriais.
 
E como non, desde Smartpeme somos conscientes desta tendencia e, para iso, contamos cun itinerario formativo de Fabricación Dixital onde exploramos as posibilidades do modelado 3D con ferramentas libres como FreeCAD ou de uso gratuíto como Onshape, un proceso de aprendizaxe nas ferramentas principais que este tipo de programas ofrécenos e na súa posterior materialización con impresión 3D.
 
En tempos de COVID, adaptámonos, dispoñendo dun itinerario formativo en liña co software de uso gratuíto Onshape. Realizaranse 10 sesións de 1 hora onde iremos explorando as posibilidades deste programa, vendo ferramentas e realizando debuxos para crear unha base sólida de coñecemento.
 
Non dubides en inscribirte!
 
Manuel Freire
Asesor TIC SmartPeme

Fonte:  SmartPeme