Actualidade

« Atrás

A importancia de Pinterest para as empresas

Data:  luns, 17 de setembro de 2018

Estar presente nunha rede social, hoxe en día, é algo común a todas as persoas. Existen plataformas para estar en contacto cos teus amigos, para subir fotos ou para expresar os teus pensamentos e ideas en calquera momento e lugar. 
 
No ano 2010 creouse Pinterest, unha rede social que permite aos seus usuarios ir colleitando imaxes, vídeos ou infografías en diferentes taboleiros e compartilas cos seus seguidores. O emprego desta rede social é moi diferente ao doutras plataformas como Twitter ou Facebook, xa que nela, a xente busca inspiración, ideas acerca dunha infinidade de temáticas, intereses, etc.
 
Se é empresario ou tes unha marca, esta rede social conta con grandes opcións de promoción para o teu negocio e pode ser, ademais, un importante escaparate para dar a coñecer a túa marca a clientes potenciais. A través da implementación dunha estratexia de márketing en  Pinterest, pódese incrementar o recoñecemento e as vendas da marca xa que, ao redor do 87% dos usuarios desta rede compraron un produto por Pinterest. 
 
Como empresa, debes orientar a túa estratexia para establecer relacións cos teus seguidores. É importante involucralos no día a día da marca, responder a todas as súas preguntas ou dúbidas, que vexan que estás aí para eles. Canto mellor sexa o trato e o servizo, máis satisfeitos quedarán, podendo, mesmo, compartir imaxes deles gozando dos produtos adquiridos e xerar unha boa reputación.  
 
Así mesmo, para xerar fidelidade cos teus seguidores, podes ofrecer descontos ou vantaxes, creando imaxes con códigos de desconto. Promovendo este tipo de ofertas de tempo limitado créase unha sensación de urxencia e lógranse xerar vendas, incrementando as cifras do negocio.  
 
Debido ao enfoque visual de Pinterest, é importante ser capaz de crear contido rechamante neste campo. Emprega fotografías de alta calidade, sinxelas e ben enfocadas. Ademais, as imaxes de estilo de vida, onde se pode ver como os produtos son empregados na vida diaria, conseguen xerar un maior retorno.
 
Do mesmo xeito que o resto de redes sociais, Pinterest ofrece unha ampla sección de analíticas que contén información sobre que tipo de contido funciona mellor, cales foron os  pines máis populares ou cales xeraron máis tráfico na páxina. Ademais, poderase obter información acerca da situación demográfica e intereses da xente que interactúa cos teus pines, podendo dirixir desta maneira a estratexia da compañía cara á audiencia que se busca. 
 
Por último, algo relativamente importante é o emprego de "rich pins". Son realmente útiles xa que inclúen tanto o prezo do produto como a súa dispoñibilidade. Ademais, outra das vantaxes que presentan é a notificación a aqueles usuarios que gardaron a publicación sobre o descenso do prezo do produto, empuxándolles á adquisición do mesmo. 
 
Seguindo estes consellos conseguirás mellorar a túa presenza na devandita rede social e mellorar os teus resultados. Aínda que, no caso de necesitar axuda máis personalizada, o equipo de asesores  SmartPeme pode apoiarche en todo aquilo que precises, mediante as actividades de capacitación e os asesoramentos individualizados, chámanos ao 886 20 20 20 para obter máis información.
 

Fonte:  SmartPeme