Actualidade

« Atrás

A guerra dos megapíxeles

Data:  luns, 23 de decembro de 2019

Lembrades aqueles móbiles de outrora? Eses teléfonos indestructibles que nos parecían unha marabilla e cos cales descubrimos que cun móbil tamén podiamos ser fotógrafos. Concretamente o que aparece na seguinte imaxe, ten 1,3 mpx. As fotos non podían ter peor resolución, pero facíanos felices poder sacar unha fotografía con amigos, familiares ou de calquera obxecto que nos gustase, sen necesitar unha cámara.
 
Con eles facerse un selfie era unha tarefa a cegas, onde só podías ver o resultado ao virar o teléfono e por fin  ollear a imaxe que realizaras.
 
 
Ese momento idílico rematou coa aparición do  Smartphone, esa tecnoloxía que une internet e teléfono nun só, que nos obrigou a adaptar as nosas páxinas web a formato vertical, e que nos ten totalmente colgados das redes sociais. 
 
Cada día pídennos máis calidade, mellores fotografías, máis espectaculares e co menor esforzo posible, e que todo se poida facer desde o noso dispositivo móbil.
 
Desta maneira comeza a batalla dos megapíxeles entre as grandes marcas de Smartphone, ata chegar a crear nos últimos meses un teléfono de 108 megapíxeles que promete unha resolución moi alta, e unha capacidade de ampliación 3 veces máis potente, pero…
 
Ata que punto é necesario tanto megapíxel?
 
Analicemos as vantaxes e desvantaxes desta condición dentro do noso teléfono.
 
  1. As cámaras réflex de media-alta gama teñen entre 12 mpx e 30 mpx, en cambio a súa resolución é moi boa, mesmo mellor que a dos móbiles con máis megapíxeles. Concluímos con isto que afectan máis factores á fotografía que esta condición en concreto-
  2. Non todo son desvantaxes, debemos ter en conta que cuantos máis megapíxeles, as imaxes serán máis vibrantes e daranos máis marxe de manobra á hora de ampliar. Isto significa que, se as fotografías que imos realizar son para imprimir, unha resolución de 108 mpx é o mellor do mundo, pero se o noso punto final é unha páxina web, por exemplo, vémonos obrigados a optimizar as imaxes para que non pesen na nosa plataforma.
  3. Isto terá unha grave consecuencia que é o tamaño das fotografías, xa que estas pasarán a ter un tamaño de 9.248 px x 6.936 px e un peso medio de 19 MB (este arquivo no teu móbil "comerache" a metade da memoria polo menos…) e non só afectarán o peso da imaxe dentro do dispositivo, se non que tanta resolución obrigará a que o sistema operativo sexa máis rápido e mellor, se non ten suficiente rapidez pode facer que o modo refacho sexa moi lento, por exemplo.

 

   4. Dise e comenta que están a preparar novos sensores para smartphone que chegarán aos 193 megapíxeles, cun ancho de fotografía de máis de 12.000 px.

   5. Outro dos maiores problemas é o crecemento do sensor de maneira física, por moitos megapíxeles que incluamos, se o sensor, ou as lentes non van a unísono os resultados nunca poderán ser bos, e iso é algo que, ata hoxe, case ningún móbil ten.
 
Por tanto, tendo en conta que hoxe en día as imaxes ven e usan máis en contornas dixitais que impresas en papel…
 
Creedes que tantos megapíxeles son útiles realmente? 
 
Na miña opinión creo que non, non vos deixedes enganar, tanto megapíxel só repercutirá na memoria interna dos nosos dispositivos á hora de almacenar as imaxes e vídeos.
 
Lara Taboada 
Asesora SmartPeme

 

 
 

Fonte:  SmartPeme