A Deputación de Pontevedra lanza o proxecto "Millennials" 2019 - Actualidade
Actualidade
« Atrás
A Deputación de Pontevedra lanza o proxecto "Millennials" 2019
Data: luns, 06 de maio de 2019
"Millennials" enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a da Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do marco do Programa Operativo de Garantía Xuvenil.
Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.
Esta formación permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.
Para saber máis, visita esta ligazón
Fonte: Deputación de Pontevedra