Actualidade
Xornadas para o desenvolvemento local en Poio
Data: martes, 18 de outubro de 2016
Durante os vindeiros 21 e 22 de outubro, celebraranse en Poio as xornadas "A forza do local, a microeconomía sostible como realidade". Desenvolveranse no Salón Social da Comunidade de Montes Combarro, "Rega dos Agros", (Travesía Maceira, Combarro, Poio) dende a tarde do venres 21 as 16:45 horas e durante o sábado dende as 9:45 horas.
A iniciativa, organizada polo concello de Poio e na que colabora a Deputación de Pontevedra, pretende ser un punto no que se compartan ideas sobre as posíbeis accións para potenciar os recursos locais.
O evento, dirixido a técnicos de desenvolvemento e promoción económica, empresarios, emprendedores, políticos, estudantes, comunidades de montes, asociacións e publico en xeral, pretende dar lugar a ideas utilizables no contexto inmediato de poio para xerar riqueza baseada nos recursos da zona.
Entre os diferentes coloquios e relatorios sobre proxectos locais, axudas, e revisións, o venres 21 as 19:00 horas SmartPeme achegarase ao concello para expor brevemente aos asistentes a súa carteira de servizos.
Ademais, os asistentes a xornada poderán, de desexalo, aproveitar para achegarse pola exposición "A forza do local", que se celebra eses mesmos días en Poio, tamén no Salón Social da Comunidade de Montes Combarro, "Rega dos Agros".
Estará dispoñible dende o 17 ao 23 de outubro, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas, e que amosa algunhas das boas practicas levadas a cabo en Galicia nas que colaboraron profesionais de desenvolvemento local, e que poñen en valor os recursos dunha forma intelixente harmónica e sostible.
Os interesados poden apuntarse ou obter mais información chamando ao 986770001 extensión 1260, ou mandando un mail a promocioneconomica@concellopoio.org
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Decembro 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Ponteareas- Ferramentas de márketing dixital para empresas turísticas17 de decembro de 2019 17:00Máis información
- Cambados- Como promocionar o teu propio evento en redes sociais17 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Lalín- Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos17 de decembro de 2019 19:00Máis información
- O Porriño- Coñece as tendencias en economía dixital: Impresión 3D e robótica17 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Pontevedra- Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping17 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Vigo- Copywriting aplicado a web e redes sociais17 de decembro de 2019 19:00Máis información