II Xornada TurisTIC: Turismo Intelixente - Actualidade
Actualidade
« Atrás
II Xornada TurisTIC: Turismo Intelixente
Data: luns, 04 de marzo de 2019
A Deputación de Pontevedra, integrante da Rede Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes, organiza esta Xornada co obxectivo de promover a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre empresas do sector turístico, empresas tecnolóxicas e institucións públicas do Noroeste (Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e País Vasco).
A través dunha serie de relatorios e mesas redondas analizaranse as oportunidades e os desafíos para o sector turístico e a xestión dos destinos, o próximo 10 de abril no Museo Verbum da cidade de Vigo.
Programa da Xornada
- 9:00 Entrega de acreditacións
- 9:30 A colaboración público-privada nos DTI´s
- 10:00 Mesa redonda I. Gobernanza nos destinos intelixentes
- 11:30 Café networking
- 12:00 Mesa redonda II. Innovación aplicada á comercialización turística
- 13:30 Exemplos de turismo intelixente en Pontevedra
- 14:00 Almorzo networking
- 15:30 Relatorio: A importancia dos datos para a xestión do destino
- 16.30 Mesa redonda III: Tecnoloxía. Presente e futuro do sector
- 18:00 Presentación solucións Hackaton
Para asistir á Xornada só tes que encher o seguinte formulario.
Inscricións gratuítas ata completar prazas.
Ademais, no marco deste evento, haberá un Centro de Demostración de Solucións no que 15 empresas tecnolóxicas, poderán expoñer as súas solucións relacionadas co turismo. Se queres ser unha das empresas expositoras, soamente tes que inscribirte aquí
Fonte: SmartPeme
Rexistro
«
Xaneiro
2021
»
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
-
Reels: a nova función de Instagram19 de xaneiro de 2021 19:00Máis información
-
Como utilizar Instagram para promover a túa empresa I20 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Impresión 3D II - Impresoras de filamento21 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña22 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II26 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Ferramentas de chat e atención ao cliente26 de xaneiro de 2021 18:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento