Actualidade

« Atrás

IV Xornada TurisTIC de Pontevedra

Data:  venres, 19 de novembro de 2021

 
Por cuarto ano consecutivo, Smartpeme e a Deputación de Pontevedra organizan a Xornada TurisTIC, evento que nace en 2018 coa necesidade de crear un encontro no que se analice e informe das oportunidades que proporciona o uso das TIC nas empresas turísticas. 
 
Esta cuarta edición levarase a cabo en formato mixto, é dicir, de maneira presencial, pero con retransmisión telemática a través da canle de Youtube da Deputación de Pontevedra. 
 
A xornada terá lugar o vindeiro xoves 2 de decembro no Museo de Pontevedra (Edificio Castelao). Comezará ás 9:30 coa recepción das persoas asistentes e finalizará cun Xantar networking. Ademais, ese día contaremos coa presenza de profesionais do sector turístico e das novas tecnoloxías e as temáticas que se tratarán están baseadas nos Fondos NextGen, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030. Por tanto, analizaremos as oportunidades e desafíos para o sector turístico, a transformación dixital no sector, retos da nova normalidade, turismo sostible, etc. 
 
A continuación, deixámosvos o programa da xornada para que poidades coñecer as temáticas que se tratarán e ás persoas que nos acompañarán neste interesante evento e que compartirán as súas ideas, experiencias e coñecementos connosco: 
 
  • 9:30. Recepción das persoas asistentes 
 
  • 10:00. Apertura institucional da xornada 
Carmela Silva. Presidenta Deputación de Pontevedra 
Cesáreo Pardal. Presidente do Clúster de Turismo Galicia 
Santiago Paz. Vicepresidente do Clúster TIC Galicia 
 
  • 10:30. Mesa redonda I. "Turismo responsable na nova normalidade" 
Modera: Nani Areas. Xornalista especializada en comunicación turística. Creadora de axencia MIL Words Comunicación e coordinadora da rede Travel Inspirers 
 
Participan: 
 
Maite Vence. Directora de Observer Science Tourism 
Beatriz Pérez. Propietaria de Máis que Románico 
Javier Oleiros. Chef de Culler de Pau 
Marta Iglesias. Fundadora de Piragüilla Lecer e Aventura 
 
  • 11:30. Café networking 
 
  • 12:15. Relatorio: Hiperpersonalización para un territorio intelixente e sostible 
Esther Rodríguez. CEO e Co- Founder de Mystreetbook 
 
  • 13:00. Mesa redonda II. "O protagonista do dato no novo ecosistema turístico" 
Modera: Ana Mejías. Deputada da área de Novas Tecnoloxías, Administración electrónica e Smartpeme.
 
Participan: 
 
Guillem Escrivá. Técnico analista responsable do proxecto de TRB en Nethodology 
Lorena Rosende. CEO de Itera Técnica (Smartiago) 
María José Villanueva. Directora de Transformación Dixital da Fundación CTIC 
 
  • 14:00. Peche institucional
 
  • 14:15. Xantar networking 
 
 
 
A que esperas para inscribirche? Fai click AQUÍ para facelo. 
 
(É moi importante que todas aquelas persoas que queiran asistir seleccionen, no momento de adquirir a entrada, se acudirán de forma presencial ou telemática no despregable que aparecerá en pantalla e, no caso de acudir presencialmente, se quedarán ao xantar). 
 

Fonte:  SmartPeme