Actualidade

« Atrás

IoT, internet das cousas, a tecnoloxía que xa participa da nosa contorna

Data:  xoves, 07 de xuño de 2018

O internet dos "obxectos" como moitos o referencian, está a converterse nun termo moi común nos nosos días. Os electrodomésticos, os automóbiles, as zapatillas de deporte, os reloxos intelixentes, os semáforos, sensores atmosféricos, sensores de temperatura, ou mesmo dispositivos médicos; obxectos que nos rodean  cotidianamente e que xa están conectados a internet. Esta interconexión dixital dos obxectos con internet é o que denominamos  IoT, ou: "O Internet das Cousas".
 
O obxectivo é monitorar, controlar e localizar toda a nosa contorna. Para que quería facer alguén isto? Pois temos razóns económicas, adaptando os consumos ás necesidades de cada momento, co consecuente aforro enerxético. Hai razóns de funcionamento ou de control, vendo como se despraza en cada instante un vehículo de transporte, ou como se comporta e evoluciona unha determinada maquinaria nun proceso crítico. Tamén razóns de índole médica: o marcapasos, a bomba mecánica, ou a articulación, están a funcionar de forma correcta e adecuada? 
 
Razóns podemos atopar moitas e diversas; incluídas aquelas que a priori non están tan claras: televisións que informan o fabricante sobre os programas sintonizamos, ou que películas son as nosas favoritas; pulseiras deportivas que descobren as rutas dos seus usuarios aos fabricantes ou xoguetes que recompilan patróns de xogo dos neno, o que permite aos fabricantes mellorar as futuras experiencias dos usuarios cos seus produtos.
 
Trátase dunha tecnoloxía útil, que se atopa nun punto temperán de desenvolvemento, e como todos os comezos, son difíciles e con fallos. Cada dispositivo require unha dirección na internet para poder conectarse, e co sistema que temos agora, pronto non haberá tantas direccións dispoñibles para todos os dispositivos. Por iso xa se está implantando un novo protocolo de comunicación na internet, o " Ipv6"; co que se poderá salvar esta limitación. 
 
Hai outro punto que aínda xera controversia, o dos protocolos de comunicación, ou linguaxe que utilizan os dispositivos para comunicarse. Cada fabricante de dispositivos quere impoñer a súa linguaxe e a súa maneira de falalo. Para todo iso créanse, ex proceso, novos procesadores, moito máis pequeno, máis rápidos e de menor consumo.
 
Outro punto no que se está traballando é o procesamento dos datos, o seu envío e recepción ás plataformas na nube. Todos eses datos serán procesados para dar lugar a uns resultados sobre os cales se tomarán decisións. 
 
Moitas empresas están a facer os seus primeiros primeiros pasos para conseguir o seu anaco de torta deste mercado tan apetecible. Unha clara mostra diso é o rápido xurdimento de plataformas para recoller e procesar todos estes datos xerados polos obxectos conectados a internet. Plataformas como:  Carriots,  Thingspeak,  Temboo ou  Thinger, son claros exemplos diso.
 
Para o funcionamento do  IoT, sempre son necesarios os sensores. Estes elementos que interactúan coa nosa contorna que, para a súa mellor aceptación, cada vez son máis pequenos e invisibles. Se se quere participar deste mundo tan apaixonante e unirse á filosofía de  DIY (" do  it  yourself", "faino ti mesmo"), podemos adquirir un "Kit de Arduino", un dos alicerces de  loT, que por un importe reducido, ofrécenos: sensores táctiles,  acelerómetros, sensor de inclinación,  potenciómetros, sensores de humidade e temperatura, de proximidade... case calquera cousa que imaxinemos que se poida medir. Ademais, nos talleres de  SmartPeme poderá adquirir o coñecemento necesario para levar os seus proxectos a bo porto e participar na construción dun novo mundo, o mundo do "internet das cousas".

Fonte:  SmartPeme