Actualidade

« Atrás

Instagram: Que contido potenciar para conseguir interaccións.

Data:  venres, 13 de novembro de 2020

 
Como xa comentamos en moitas ocasións, as opcións que nos dá Instagram son variadas e teñen características concretas. Para poder crecer con esta rede social, o que temos que ter en conta sempre son as interaccións.
 
E como se conseguen interaccións? A través de diferentes accións da persoa usuaria coa nosa conta: poden ser comentarios, gústame, visualizacións, que se comparta o noso contido… É moi importante adecuar a información visual que engadimos a cada parte do noso Instagram e desta maneira sacar o maior potencial no que a interaccións refírese.
 
CANAL DE CONTIDOS E #HASHTAGS
 
A primeira parte do noso Instagram é o perfil (feed). A estas publicacións chámaselles post porque levan un elemento visual (imaxe ou vídeo) e texto con #hashtags. Os dous elementos son moi importantes, pero a imaxe é o que máis chama a atención. Por iso, debe ser unha imaxe coidada con pinceladas da nosa identidade de marca, a poder ser. 
 
Temos que ter en conta que este post queda de maneira permanente no noso perfil, polo que a información que compartiremos debe ser importante, a cal consideremos que pode ser de interese continuo para as persoas que nos seguen. 
 
As interaccións cos posts son potentes e podemos conseguilas de diferentes maneiras:
 
  1. Engadimos #hashtags interesantes que nos posicionen en persoas que nos seguen con intereses concretos.
  2. Creamos chamadas de acción cara aos comentarios: pedimos aos nosos e ás nosas "followers" que comenten algún tipo de resposta ou suxerencia e desta maneira interactúen máis coa nosa conta.
  3. Creando contido viral ou que poida compartirse. As fotografías están xeniais, pero cando compartimos unha frase, un deseño bonito, unha reflexión, ou unha infografía pode converterse nun post que outras persoas queiran compartir.
  4. Compárteo nas túas historias cada vez que sobes un post novo, e deixa "entrever" a imaxe, isto obrigará ás persoas interesadas a entrar no teu perfil para poder ver a imaxe e ao visitar o teu perfil fará que as túas publicacións aparézanlle antes que outras.
 
HISTORIAS E DESTACADOS.
 
As historias son unha das opcións que máis se utilizan e que, ata fai moi pouco, tiñan máis alcance (agora son os Reels). Nas historias compartimos contido máis "fácil" e "desprendido", non somos tan ríxidos como coas imaxes xa que é un elemento máis informativo que visual. As historias permanecen 24 horas no noso perfil e despois desaparecen a menos que as engadamos aos destacados, que son as burbullas que se engaden ao noso perfil onde podemos deixar de maneira permanente algunhas historias que consideremos necesarias e importantes. Por tanto, o contido poden ser fotografías, vídeos explicando cousas, ofertas flash, contido doutras contas, e sobre todo podemos engadir interaccións como as seguintes:
 
  1. Compartir post do noso perfil (importante para potenciar a interacción coa nosa conta).
  2. Engadir interaccións como pode ser: enquisas, mencións a outras contas, cuestionarios, barras de like, preguntas, conta atrás, etc.
  3. Podes compartir Reels ou IGTV da túa propia conta ou doutras e desta maneira divulgar contido.
  4. As interaccións propias das historias dannos a opción de acumular información ou suxerencias das persoas que nos seguen dunha maneira máis privada que se o fan a través dos comentarios nun post.
 
IGTV E REELS
 
IGTV (Instagram TV) déixanos compartir vídeos longos de máis de 1 minuto, os cales non podemos compartir no noso perfil. É útil para unha información máis densa, mesmo para utilizar como alternativa a outras plataformas como pode ser Youtube. Estes vídeos pódense compartir nas historias e no teu perfil.
 
Os Reels son unha opción de vídeo, pero bastante diferente a IGTV. É a nova opción de 15 ou 30 segundos de vídeo que nos deixa gravar, cortar, acelerar e en xeral aplicar varias opcións á gravación, e isto dános un plus de creatividade como creadores/as de contido para as nosas redes. Tendo en cuenta que son para un público máis novo, o que se busca nesta opción é, basicamente, divertir e ensinar, polo que é unha opción para vídeos demostrativos, titoriais sinxelos ou ideas e conceptos da marca en xeral que, no canto de compartir en historias, poderiamos compartilo en Reels e así conseguir máis alcance.
 
Que tipo de interaccións podemos ter con IGTV e Reels:
 
  1. Os dous pódense compartir en historias ou no canal de contidos.
  2. Os Reels teñen moito alcance a día de hoxe, chegando a persoas que non seguen directamente ao noso perfil e, por tanto, a máis audiencia da habitual.
  3. Os Reels dannos a opción de ser máis creativos/as, e que o noso contido sexa orixinal.
  4. Dar consellos, ensinar procesos, ou simplemente mostrar produtos pode ser contido moi recomendable para os Reels.
 
Instagram danos moita visibilidade se sabemos usalo e se aprendemos a aproveitar todas as súas posibilidades. A creatividade é un punto crave xunto co tempo e a dedicación.
 
Hai que investir tempo para crecer en redes e non estancarnos dentro de Instagram. É importante crear unha comunidade de intereses comúns sen obsesionarse cos seguidores/ as, xa que o máis importante é que consuman e non que nos sigan.
 
Lara Taboada
Asesora TIC de imaxe
 

Fonte:  SmartPeme