Actualidade

« Atrás

III Xornada TurisTIC

Data:  xoves, 19 de novembro de 2020

Un ano máis, SmartPeme e a Deputación de Pontevedra organizan a Xornada TurisTIC, evento xurdido no 2018 coa necesidade de crear un encontro no que analizar e informar das oportunidades do uso das TIC nas empresas turísticas.
 
Este ano, celebramos a súa terceira edición e, debido as circunstancias que nos rodean, levarase a cabo en formato en liña a través dunha ligazón que enviarase por correo electrónico a aquelas persoas que se inscribiran previamente na xornada.
 
A xornada terá lugar o vindeiro mércores 2 de decembro ás 09:30 horas e contará coa presenza de profesionais do sector turístico e das novas tecnoloxías. Analizaremos as oportunidades e desafíos para o sector turístico, a transformación dixital no sector, retos ante a nova era Covid, turismo sostible, etc.
 
A continuación, deixámosvos o programa da xornada para que poidades coñecer ás temáticas que se tratarán e ás persoas que nos acompañarán neste interesante evento en liña e que compartirán as súas ideas e experiencias connosco.
  • 9:30. Apertura da xornada
Carmela Silva. Presidenta Deputación de Pontevedra
Cesáreo Pardal. Presidente do Cluster de Turismo Galicia
Antonio Rodríguez del Corral. Presidente do Cluster TIC Galicia
 
  • 10:00. Relatorio inicial 

​Natalia Bayona - Xerente de Innovación, Educación e Investimentos da Organización Mundial do Turismo (OMT)

  • 10:45. Mesa redonda I. "Retos del turismo en la era COVID"

Modera: Nani Arenas. Xornalista especializada en comunicación turística. Creadora da axencia MIL Words Comunicación e coordinadora da rede Travel Inspirers

Participan:

Kin Martínez Silva. CEO de Esmerarte
Lucía Freitas. Chef Propietaria Restaurante A Tafona
Marian Gómez Alonso. Xerente e propietaria de Casa A Pedreira 
Ana Trevisani. Directora Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos de Galicia
  • 11:30. Mesa redonda II. "La tecnología al servicio de los nuevos modelos turísticos"

Modera: Paco Nadal. Xornalista especializado en viaxes. 

Participan:

Raúl Jiménez. CEO de Minube 
Álvaro Carrillo. Director Xeral do Instituto Tecnológico Hotelero (ITH)
Cristina del Castillo. Responsable de HORECA de Too Good To Go
Jordi Agustí. CEO de Waynabox
  • 12:15. Mesa redonda III. "Boas prácticas en turismo sostible e responsable"

Modera: Clara Soler. Experta en márketing e comunicación turística

Participan:

Marcos Pérez Gulin. Director Fundación Galicia Sustentable e do Mercado de la Cosecha
Natalia Rodríguez. Responsable de comunicación de Bodega Señorío de Rubiós e Nande Hotel da Natureza
Mar Rodríguez. CEO e fundadora de Tee Travel
Iván Luarca. CEO de Eccocar 
  • 13:00. Relatorio final
Fernando Gallardo. Xornalista, escritor, conferenciante e analista de turismo
 
A que esperas para inscribirte? Fai click AQUÍ para facerlo. 

Fonte:  SmartPeme