Actualidade

« Atrás

IAB Spain e Elogia presentan o seu informe anual sobre redes sociais

Data:  venres, 03 de xullo de 2020

A empresa galega Elogia e IAB Spain presentaron o pasado mes de xuño o Estudo Anual sobre Redes Sociais. Este informe convértese nunha folla de ruta para moitas empresas tecnolóxicas xa que axuda a visualizar o mercado e as claves do mundo dixital.
 
Este estudo ofrece a todas as persoas interesadas, que poidan coñecer a evolución que están a padecer as redes sociais, así como os perfís desas mesmas persoas que fan uso delas.
 
Que nos conta este informe sobre as persoas usuarias das redes sociais? 
 
O estudo avala que cada persoa usuaria fai uso de media de 4,5 aplicacións, superando ao número do ano anterior (2019) onde estaba en 3,7 aplicacións. Ademais, coñecemos que as persoas usuarias atópanse de media de idade entre 16 a 65 anos, sendo de 16 a 24 anos as persoas que máis uso fan delas. En España, uns 26 millóns de persoas utilizan as redes sociais, tanto para entreterse (un 81%), interactuar (un 77%) e informarse (un 66%).
 
O informe da a coñecer que a rede social Tik Tok convértese na ferramenta social que máis medra. Así mesmo, dentro da Xeración Z (nados entre 1997 e 2012) as redes sociais máis habituais son Instagram, Whatsapp e Youtube, mentras que os Millenials (nados entre 1981 e 1996) prefiren Whatsapp, Instagram e Facebook.
 
Tanto homes como mulleres atópanse igualados no uso das redes socias, sendo o 51% para o público feminino e o 49% para público masculino. 
 
O móbil segue consolidándose coma o protagonista a nivel de dispositivo de acceso a Internet, cunha porcentaxe tan alta coma o 97%. Razón disto, pódese explicar que a rede social máis utilizada entre todos os españois e españolas é Whatsapp, que segue sendo a favorita dende 2017. As outras redes sociais con máis uso seguido da ferramenta de mensaxería son Facebook, Instagram e Youtube. 
 
De maneira xeral, este informe amosa o potencial que teñen estas ferramentas tanto para as marcas, influencers e para o mercado publicitario. En España, o seu uso medra cada ano, polo que será fundamental elaborar estratexias de márketing e fidelización para poder mellorar a competitividade de todos os pequenos e grandes negocios.
 
Podes consultar o informe completo aquí.
 
Fátima Faílde
Asesora TIC

 

Fonte:  SmartPeme