Actualidade

« Atrás

Ferramentas para fidelizar hóspedes do teu aloxamento

Data:  venres, 29 de xullo de 2022

 
Todos coñecemos os Programas de fidelización das grandes cadeas hostaleiras; permítennos gozar de diferentes vantaxes cando utilizamos algún dos seus hoteis na mesma ou diferente cidade ou país.
 
Pero, os nosos pequenos negocios de aloxamento tamén dispoñen de ferramentas que poden utilizar para fidelizar á súa clientela.
 
Crea e segmenta os teus datos
 
Cando a clientela pídeche orzamento ou dispoñibilidade, é moi probable que o fagan por correo electrónico. Ademais, aquela clientela que si cheguen a facerche a reserva terás que metelos no teu sistema ou enviarlles documentos de confirmación ou do anticipo tamén por e-mail. Todos estes datos sérvenche para crear a túa base de datos.
 
Crea dúas listas, unha coa clientela que piden orzamento e outra coa que xa che reservaron. Podes facelo con Excel dunha forma moi sinxela. Desta forma, cando teñas unha cancelación podes enviar un e-mail aos que che pediron orzamento. 
 
Crea un boletín: newsletter
 
Cando teñas as túas listas separadas por tipos de clientela poderás crear un boletín de noticias con ofertas ou novidades. Por exemplo: agora o noso aloxamento ten piscina, este mes se reservas 2 noites regalámosche outra, etc.
 
Se gardaches as datas de nacemento da túa clientela (co parte de viaxeiros) poderás enviarlles un e-mail felicitándolles o seu día e lembrándolles que se queren facerche unha reserva faraslles un 10% de desconto.
 
Envía cuestionarios de opinión
 
Para fidelizar á túa clientela, ao finalizar a súa estancia ou a tempada, podes enviarlles un cuestionario de opinión, coa ferramenta de Tripadvisor, por exemplo. 
 
Así descubrirás o que tes que mellorar para a tempada que vén e se obtés boa puntuación subirás na clasificación de Google grazas ás súas opinións, obtendo un mellor posicionamento web.
 
Ofrece sempre o mellor prezo directo
 
Lembra ofrecer á túa clientela sempre o mellor prezo se che fan a reserva a través da túa web, do teu teléfono móbil ou do teu correo electrónico. 
 
Podes incrementar lixeiramente o prezo nas túas outras plataformas de comercialización como Booking, Airbnb… ou simplemente anunciar que se che fan a reserva directa faraslles un 10% de desconto.
 
Todas estas sinxelas recomendacións fidelizarán á túa clientela, se queres implementalas e non sabes por onde empezar, só tes que contactar co servizo TurisTIC de Smartpeme.
 
Lembra que a fidelización da túa clientela é a ferramenta máis potente para fomentar as reservas directas, aforrándoche intermediarios e comisións. 
 
Aínda que, se non queres implementar solucións tecnolóxicas que che fagan máis fácil as reservas sempre podes anunciar na túa web ou redes sociais que regalas unha botella de viño ou un almorzo coa reserva directa, proba e verás como funciona.
 
Patricia Cabaleiro
Asesora TurisTIC
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Agosto 2022 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento