Actualidade

« Atrás

Grande afluencia de asistentes ós obradoiros para micropemes e autónomos no CPAE 2.0 da Deputación de Pontevedra

Data:  mércores, 03 de xuño de 2015

Alberto Falcón impartindo o curso

Neste mes de maio o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) da Deputación de Pontevedra, que lle presta asesoramento no eido das TIC a pequenas empresas e autónomos da provincia, está recibindo unha grande afluencia de asistentes ós obradoiros de capacitación tecnolóxica.

A Deputación de Pontevedra programou, para este mes de maio, 38 obradoiros de capacitación tecnolóxica co obxectivo de fomentar o uso das novas tecnoloxías e a adopción das tecnoloxías da información entre as microempresas e autónomos da provincia, facilitándolles o acceso a diversas ferramentas tecnolóxicas que as fagan máis produtivas e competitivas no mercado.

Segundo se está a informar desde a propia Deputación estes obradoiros están tendo moita afluencia de asistentes, como é o caso do último sobre como poñer en marcha unha web en moi pouco tempo. Nesta sesión, que tivo lugar en Pontevedra e á que asistiron 15 empresas e autónomos, forneceuse ó alumnado de ferramentas para poder traballar as súas propias páxinas web. Falouse dos conceptos básicos da rede e a presenza na web das empresas, empregándose aplicacións sinxelas de xestión de contidos. O CPAE 2.0 tivo que ampliar o aforo máximo do curso cubrir a demanda do obradoiro, impartido por Alberto Falcón, que tratou de achegar unha visión práctica co obxectivo de que estas pequenas empresas teñan nas súas mans a súa páxina web e poidan tanto xerar como xestionar os seus contidos dunha forma áxil, ademais de incrementar o tempo da presenza na rede das súas organizacións.

Á vista do éxito da convocatoria estase planificando repetir o obradoiro no CPAE 2.0 de Pontevedra así como nos outros puntos de Lalín, Cambados, Vigo, O Porriño e Ponteareas. Ademais, estase a traballar nos contidos dun obradoiro aínda máis avanzado para que as empresas que acudiron a esta primeira convocatoria poidan dar os seus seguintes pasos na rede.

Estes eventos de capacitación desenvólvense nas aulas de actividades anexas ós despachos de asesoramento, en cada un dous seis puntos do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) nos que se atenden as micropemes e autónomos sen custo ningún, ofrecendo un asesoramento TIC especializado, individualizado e continuado. Os puntos de asesoramento empresarial son atendidos por técnicos TIC especializados e, ademais, cóntase cunha oficina coordinadora en Pontevedra, á cal se derivan as consultas máis complexas e se xeran todos os contidos. Ademais do servizo de capacitación tecnolóxica a Deputación ofrece outros cinco servizos máis: o de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC, o de titorización na incorporación das novas tecnoloxías, a demostración de produtos e solucións TIC, o acompañamento para o uso do comercio electrónico e, finalmente, o servizo de procura de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico.

Eventos para o que resta do mes de maio por punto CPAE 2.0, aínda que xa se están a programar os obradoiros para o mes de xuño

CPAE 2.0 Cambados

·         23 de maio, de 11:00 a 13:00 h
Almacenamento na nube: Dropbox e Google Drive

·         27 de maio, de 19:00 a 21:00 h
Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio

·         29 de maio, de 19:00 a 21:00 h
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual

CPAE 2.0 Lalín

·         25 de maio, de 14:00 a 15:30 h
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual

·         28 de maio, de 20:00 a 21:30 h
A túa páxina web en menos de 90 minutos

CPAE 2.0 O Porriño

·         28 de maio, de 14:00 a 15:30 h
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual

·         29 de maio, de 20:00 a 21:30 h
Como aumentar seguidores ou fans no teu perfil profesional

CPAE 2.0 Ponteareas

·         27 de maio, de 20:00 a 21:30 h
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual

·         28 de maio, de 20:00 a 21:30 h
Presenza na rede e técnicas de SEO

 

CPAE 2.0 Pontevedra

·         27 de maio, de 19:00 a 20:30 h
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual

·         29 de maio, de 14:00 a 15:30 h
Redes sociais para a venda e a atención a clientes

CPAE 2.0 Vigo

·         26 de maio, de 20:00 a 21:30 h
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual

·         28 de maio, de 20:00 a 21:30 h
Vídeo vixilancia no teu negocio (infraestrutura básica e aspectos legais)

Fonte:  CPAE



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento