Actualidade

« Atrás

Google search console: ferramenta gratuíta para mellorar o teu posicionamento seo

Data:  luns, 02 de abril de 2018

 
A día de hoxe a visibilidade nos motores de búsqueda pode resultar para moitas empresas a diferenza entre o éxito ou o fracaso do seu modelo de negocio. "Googlear" unha marca, obxecto ou servizo para obter información sobre o mesmo é unha acción totalmente normalizada entre a maioría da sociedade, polo que se non aparecemos nos motores de búsqueda debemos de recapacitar e chegar á conclusión de que algo non estamos a facer correctamente para chegar ao noso público obxectivo. 
 
Segundo datos da consultora Stat Counter, o 92,31% das procuras totais realizadas na internet fixéronse a través dos motores de rastrexo de Google, polo que se converte no buscador máis utilizado do mundo por maioría absoluta. Esta porcentaxe lévanos á conclusión de que temos que prestar toda a atención posible ao posicionamento SEO da nosa páxina web, xa que será unha das maneiras máis importantes a nivel online para conectar o noso negocio co público obxectivo. 
 
Unha da forma máis sinxela para lograr optimizar os resultados de procura da nosa páxina web é mediante a aplicación Google Search Console. Creada polo famoso buscador, é unha ferramenta totalmente gratuíta para mellorar o rendemento dunha maneira rápida e sinxela tanto aplicacións móbiles como sitios web, incluídas as tendas online por suposto. O fin deste servizo ofrecido por Google non é outro que axudar ao usuario para entender como traballa o buscador para mostrar os resultados que el considera máis relevantes. 
 
Grazas a esta ferramenta poderás analizar o estado da túa páxina web así como optimizala, logrando subir postos de maneira progresiva nas páxinas de resultados de Google. Para iso é necesario vincular o dominio en cuestión con Google Search Console, unha vez estea correctamente verificado, accédese a un panel estándar creado con diferentes menús onde se mostran os datos concretos da páxina web vinculada con anterioridade. 
 
Unha das opcións que permite esta ferramenta gratuíta de Google é recibir mensaxes internas do buscador referidos a problemas técnicos ou penalizacións. Así mesmo, tamén mostra os posibles erros de rastrexo da web como páxinas que xa non existen ou ligazóns rotas, permitindo solucionalos de maneira case inmediata. 
 
Doutra banda, permite enviarlle a Google o sitemap correcto da páxina web, é dicir, un mapa de ruta onde aparecen as urls, títulos e descricións para aparecer nos resultados de procura do navegador, así como realizar melloras html e reducir os tempos de carga do noso sitio web. 
 
Por último, Google Search Console é unha excelente ferramenta para indexar de maneira inmediata e manual as novas publicacións realizadas na nosa páxina web, evitando plaxios e duplicacións de contido, algo penalizado polo propio buscador que tende a adxudicarlle a autoría do artigo á primeira web onde o recoñeceu por primeira vez.
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento