Actualidade

« Atrás

Google My Business: as páxinas amarelas na internet para empresas turísticas

Data:  venres, 05 de xullo de 2019

 
Cada vez son máis as consultas desde dispositivos móbiles, compras e reservas de produtos turísticos. Turistas que buscan, estando no destino de vacacións, lugares para comer, actividades de lecer… Este constante cambio obriga ao empresario turístico a adaptarse ás necesidades que xorden entre os diferentes tipos de turistas, viaxeiros e poboación local que quere gozar dos teus servizos.
 
Un exemplo destes cambios foi a xeolocalización, que permite ao consumidor turístico atopar o noso negocio, obter o roteiro para chegar ata el e abrir unha canle de comunicación, podendo establecer estratexias de captación e fidelización. 
 
Google My Business é unha ferramenta dixital gratuíta, destinada a empresas locais, para incrementar esta visibilidade online e chegar aos clientes facilmente
 
Que queremos ao final? Atraer a máis viaxeiros ao meu aloxamento ou actividade turística?  Crea a túa ficha, non che levará máis de 1 hora!
 
Conseguirás e facilitarás:
  • Que contacten contigo mostrando a información do teu negocio: horarios de entrada e saída e servizos turísticos que ofreces.
  • Interactuar cos clientes, consultando as recensións e respondendo as súas preguntas.
  • Entender e coñecer mellor aos teus clientes: quen son, como atoparon o teu perfil e que accións clave realizaron cando estaban ao visualizar.
  • Atraer a novos clientes: podes utilizar publicidade baseada na localización con AdWords Express para chegar a unha audiencia aínda maior.
  • Manter aos teus clientes actualizados: ofrecéndolles novidades no teu negocio, promocións, eventos, etc.
Consellos:
  • Crea unha boa reputación: nun sector tan condicionado pola interacción humana, a reputación é clave: aborda e contesta os temas de forma construtiva.
  • Utiliza fotos de calidade: xeran unha boa primeira impresión nos clientes.
  • Chamadas de atención: crea post onde poderás compartir os teus próximos eventos, actualizacións de produtos, anuncios e ofertas  online. Podes utilizar https://marketingkit.withgoogle.com/
  • Crea a túa pequena web: Google My Business ofrece un sitio web básico e gratuíto, podes escoller un persoal, subir fotos, e escribir unha descrición do que ofreces.
Non o penses! Empeza xa! https://www.google.es/business/
 
Asesora TurisTIC
SmartPeme
 

Fonte:  SmartPeme