Franquiatlántico preséntalle a Carmela Silva a súa XVI edición do Salón das Franquicias - Actualidad
Actualidade
« Back
Franquiatlántico preséntalle a Carmela Silva a súa XVI edición do Salón das Franquicias
Fecha: Thursday, 04 de February de 2016
A directora de Franquiatlántico, Raquel Robledo, presentoulle á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a XVI edición do Salón das Franquicias, que se desenvolverá en Vigo os días 26 e 27 de febreiro.
A presidenta da Deputación destacou a importancia deste tipo de eventos, que lles permiten aos emprendedores acadar un tipo de negocio con todo o apoio tecnolóxico, de negocio e de márketing necesarios para impulsar os seus proxectos empresariais. Silva subliñou o traballo que, a través dos distintos centros do CPAE, vén facendo a Deputación na formación e o asesoramento aos emprendedores para montar os seus negocios.
Fuente: Deputación de Pontevedra (www.depo.es)