Actualidade

« Atrás

Fotografía de produto para redes sociais na túa casa

Data:  xoves, 25 de marzo de 2021

Co avance nas cámaras dos teléfonos, temos ao noso alcance o poder realizar fotografías dos nosos produtos nós mesmos, cunha calidade envexable e, desta maneira, poder cubrir a necesidade de xerar contido para as nosas redes sociais ou a nosa tenda en liña.

Nestes tempos de incerteza que nos obrigan, en moitas ocasións, a estar na casa máis horas que as que queremos, podemos aproveitar este tempo de descanso para aumentar a nosa capacidade creativa e aventurarnos a practicar a fotografía de produto en nosa propia casa.

Imos ver algúns dos puntos máis importantes a ter en conta e algunhas recomendacións e consellos respecto diso.

1º PRODUTOS: O primeiro e máis importante é ter os produtos que queremos fotografar, o ideal é xuntar todos e ver se se poden combinar entre eles xa que poden complementarse uns con outros. É importante limpalos, sobre todo se son produtos de cristal para non ter que realizar dobre esforzo na edición borrando pegadas ou manchas que non coidásemos previamente.

2º LUZ: Este punto é de gran importancia, por iso, debería considerarse revisar os ocos luminosos da casa antes de poñerse a compoñer ningún escenario.

  • LUZ NATURAL: Para utilizar esta luz, buscaremos xanelas ou espazos moi luminosos para poder realizar a fotografía. A luz natural (como a artificial) ten que incidir de maneira lateral no produto, e de maneira suave (a menos que queiramos efecto sombra á mantenta). Poderemos usar un difusor (rebotador de luz) para conseguir atenuar sombras e dar un plus de luz aos obxectos desde un dos lados.
  • LUZ ARTIFICIAL: A luz artificial é máis sinxela de controlar e pode ser algo complementario á natural, ou simplemente usar só luz artificial, o ideal é que sexa branca, pódense empregar aros de luz ou softbox para iso.

3º COMPOSICIÓN: Crear unha composición bonita cos elementos que podamos ter en casa, fondos con texturas, elementos que poidan a acompañar á nosa escena.

Utilizar a regra dos terzos para a composición facilitaranos a posición dos elementos e o espazo que deixamos en cada unha das escenas fotografadas.

Para os fondos, podemos usar texturas que teñamos como teas, paredes, cartolinas, papeis de agasallo, é dicir, calquera elemento que combine cos nosos produtos poderá ir ben. O que máis se valora na creatividade.

Emprega utensilios que complementen ao produto para crear bodegóns, podes crear unha escena cotiá ou usar unha temática en conxunto como, por exemplo, bodegóns con froitas, e crear unha sesión con esta temática en concreto.

Se necesitas comprar elementos para complementar non o dubides, iso si, decide ben antes o que queres facer para non ter gastos innecesarios.

4º TENDENCIAS 2021: Sempre se entendeu a fotografía de produto, como o típico produto flotante co fondo branco, ese estilo (aínda que se segue usando nas tendas en liña) xa non está "á moda", as últimas tendencias apuntan a fotografías con fondos de texturas, xogo con dúas cores, cores neutras ou pastel e introducir o produto dentro dunha escena cotiá ou natural.

Pódese xogar tamén con elementos do día a día, desde froitas ata pedras, xerar un tema concreto como a praia e usar elementos dela, canto máis creativos sexamos mellor.

5º CÁMARA DO TELÉFONO: Á hora de realizar unha fotografía co teléfono, temos varios aspectos que podemos ter en conta para mellorar a calidade das nosas fotografías.

Explorar o desenfoque da cámara, isto farémolo enfocando o obxecto que queiramos e probando diferentes distancias entre o obxecto e o fondo.

Nalgúns teléfonos temos a opción retrato, a cal xera un desenfoque automático nos fondos. Outra opción que podemos usar son as liñas de encadre para xerar os 4 puntos de interese da regra dos terzos, e, así, conseguir unha composición máis traballada.

Por último, usar trípode e temporizador pode axudarche a que a fotografía sexa máis estable.

Sobre todo, e, como sempre, a clave está en practicar, probar e innovar, buscar referencias visuais e tentar seguilas cos nosos propios medios.

 

Lara Taboada

Asesora TIC SmartPeme

Fonte:  SmartPeme