Actualidade

« Atrás

Fabricación Dixital

Data:  martes, 04 de xuño de 2019

A popularización das impresoras 3D, o abaratamento de custos en máquinas  CNC ou  cortadoras láser, unido á accesibilidade aos softwares de modelado 3D, está a facer que a FABRICACIÓN DIXITAL estea en  boga.
 
Pero a que nos referimos realmente cando falamos de fabricación dixital? O termo fai referencia ao conxunto de procesos mediante os que se elabora unha peza ou un produto, desde o proceso de deseño e modelado 3D, ata a súa posterior fabricación por métodos aditivos ou  sustractivos.
 
A partir dun bosquexo, tendo en conta as funcións que debe cumprir o noso deseño, a fabricación dixital comeza co modelado do obxecto cun software específico  CAD (Deseño Asistido por Computador) como pode ser  FreeCAD,  OpenSCAD,  Blender… que nos permitirá crear as xeometrías 3D do noso obxecto. 
 
Se as pezas créanse nunha contorna industrial, o modelado segue o mesmo proceso, simplemente que a maiores o deseño someterase a probas mediante software CAE (Enxeñería Asistida por Computador) de resistencia, presión ou temperatura para optimizalo e evitar problemas futuros.
 
Unha vez temos modelado o obxecto, toca materializalo: pasalo dunha contorna dixital ao mundo real. Para isto, poderemos optar por varias opcións segundo sexa a nosa peza. En ocasións, será aconsellable fabricar con métodos  sustractivos, como máquinas de control numérico  CNC ( tornos ou  fresadoras),  cortadoras láser e noutras, con métodos aditivos como a impresión 3D.
 
Indubidablemente, a fabricación dixital ha permitido obter grandes beneficios nos procesos produtivos, tales como o aforro de custos, flexibilidade, eficiencia ou rapidez no  prototipado, que grazas á popularidade das impresoras 3D, achegaron estas posibilidades tamén a pequenas empresas, autónomos ou " makers".
 
En relación a isto, un elemento que provocou o auxe da fabricación dixital, sobre todo a nivel de prototipado, é a proliferación de FAB LABS (Laboratorios de Fabricación) que nos últimos anos, creceron exponencialmente en todo o mundo. En Barro-Meis, a Deputación de Pontevedra dispón dunhas instalacións en pleno crecemento onde é posible fabricar prototipos con impresión 3D, aberta ao mundo empresarial onde pequenas Pemes, persoas autónomas e emprendedoras poden utilizar as súas instalacións.
 
Para impulsar estes conceptos, o CPED de Smartpeme en Barro- Meis organiza este mes de xuño un itinerario formativo ao redor desta materia. A través de 20 horas de formación, repartidas en cinco sesións, as persoas asistentes poderán desenvolver un proceso de fabricación integral, desde o debuxo dunha peza ata a súa impresión final.
 
Ademais, se asisten a máis do 75% das horas do itinerario recibirán un certificado de asistencia para deixar constancia das horas de formación na devandita materia.
 
Se estás interesade@, apúntache ás sesións e non te quedes sen praza.

Aprenderás de primeira man a relevancia da Fabricación Dixital, que nunhas poucas horas pódese pasar  dun concepto ou idea do papel ao mundo dixital e, finalmente, materializalo cuns custos ata agora impensables facéndoo accesible a todo o mundo.

Manuel Freire

Asesor TIC SmartPeme

Fonte:  SmartPeme