Actualidade

« Atrás

Charla-coloquio SmartPeme en Vigo

Data:  martes, 13 de setembro de 2016

SmartPeme prepara un novo encontro de interese para PEMES, autónomos, e emprendedores da provincia de Pontevedra. Terá lugar o próximo xoves 22 de setembro,  ás 10:00 h, no edificio do antigo reitorado da Universidade de Vigo, no número 1 da rúa Oporto.

O acto contará coa participación da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Ramón Caballero Álvarez, que realizarán a apertura do mesmo.

Intervirán tamén o Deputado Provincial Francisco Javier Dios Pomares y o Xefe do Proxecto de SmartPeme, José Antonio Piñeiro, que detallarán a carteira de servizos SmartPeme en materia de formación e asesoramento TIC, así como a súa nova páxina web.

A continuación os asistentes poderán presenciar a charla-coloquio "Transformación dixital das PEMES e autónom@s", que contará cun invitado experto e con dous casos de éxito na transformación dixital da provincia de Pontevedra.

Contarase como convidado experto na materia con Pablo Galiana, con experiencia en Google España como responsable de grandes clientes e con Youtube como responsable de estratexia e novos produtos., que aportara una visión global á charla, mentres que os dous convidados da provincia achegarán o ritmo da mesma á problemática específica das pequenas empresas e dos autónomos e das autónomas de Pontevedra.

Esta conxunción única de puntos de vista entre a ampla experiencia dun profesional experto na materia con empresarios e empresarias locais permitirá aos asistentes desfrutar dunha charla que trate a materia de forma que lles resulte especialmente práctica e enriquecedora de cara a afrontar os seus propios procesos de transformación dixital.

A sesión finalizará cun tempo para que o público asistente poida acercar súas dubidas e cuestiones ós invitados, pechando o acto en torno ás 13h.

A continuación te facilitamos o detalle do evento, podes inscribirte nesta ligazón

 

Programa:

v  10:00 h Apertura do acto

Ø  María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación de Pontevedra

Ø  Abel Ramón Caballero Álvarez, Alcalde de Vigo

v  10:30 h Charla-coloquio: "Transformación dixital de PYMES e autónom@s", coa participación de:

Ø  Pablo Galiana, experto en transformación dixital

Ø  Dous casos de éxito da provincia

v  11:45 h Cuestións dos invitados/as

v  12:00 h Detalle da Carteira de servizos SmartPeme e a nova web

Ø  Francisco Javier Dios Pomares, Deputado de Promoción Económica

Ø  José Antonio Piñeiro, Xefe do Proxecto SmartPeme

 

Fonte:  SmartPeme