Actualidade

« Atrás

Evento Pont-Up store en Pontevedra

Data:  martes, 13 de setembro de 2016

Durante os vindeiros días 22, 23 e 25 de setembro celebrarase en Pontevedra a terceira edición de Pont-Up Store, unha iniciativa de apoio ao emprendemento promovida pola Universidade de Vigo e que conta coa participación de diversas entidades, entre elas a Deputación de Pontevedra.

Co obxectivo de estender a cultura emprendedora na sociedade. Baseándose en enfocar o emprendemento dende un punto de vista creativo e coa busca do desenvolvemento persoal como unha das súas máximas, afronta a súa terceira edición convertido nun espazo de referencia para o emprendemento en Galicia.

Dentro das diversas actividades ofertadas, a Deputación de Pontevedra, participará cun evento no que achegará aos emprendedores os diferentes proxectos que ten en marcha para apoiar ás persoas emprendedoras, entre elas a iniciativa SmartPeme, que pechará o evento co obradoiro "Comeza a comercializar os teus servizos en redes sociais", que impartirá Alberto Falcón, asesor TIC de referencia na oficina SmartPeme de Pontevedra.

Cunha gran penetración entre a poboación, as redes sociais teñen unha importancia capital para as relacións cos clientes e unha influencia notable no proceso de compra. Por isto SmartPeme considera de grande utilidade ofertar este obradoiro a todos os emprendedores interesados, onde se expoñerán as vantaxes que unha empresa pode obter aproveitándose das ferramentas e técnicas de venda para redes sociais, para construír unha imaxe de marca positiva cara os clientes.

O evento está programado para o día 23 de setembro, a partir das 16:30h e terá lugar no edificio administrativo da Deputación de Pontevedra, na avenida Montero Ríos. Podes reservar a túa praza na seguinte ligazón.

Fonte:  SmartPeme