Actualidade

« Atrás

eSports e o seu impacto no turismo

Data:  venres, 22 de abril de 2022

 
Os eSports, tamén chamados deportes electrónicos, ciber deportes ou videoxogos competitivos, son competicións de videoxogos que se celebran de maneira en liña ou presencial. Estas competicións están impulsadas por publishers, persoas desarrolladoras de videoxogos ou por sponsors, é dicir, persoas patrocinadoras. Existen infinidade de competicións tanto para persoas xogadoras profesionais como para amateurs, nas que se compite individualmente ou por equipos, en igualdade de condicións (non se pode pagar para conseguir máis experiencia), dispoñendo de ligas e competicións regradas. Ademais, para ser verdadeiramente considerados eSports, han de alcanzar un volume significativo de persoas afeccionadas que xoguen ou sigan ditas competicións.
 
Este tipo de deportes aumentou de forma exponencial o seu impacto durante a pandemia en sectores moi diversos. Isto débese a que a medida que as xeracións máis novas incrementan o seu consumo de medios e entretemento en liña, a industria dos eSports estivo liderando o crecemento e as tendencias futuras do sector dos deportes, o entretemento, as viaxes e mesmo o desenvolvemento económico. Os videoxogos convertéronse nun sector que factura máis que o cinema ou a música e esta industria de miles de millóns de dólares xeralmente atrae a unha audiencia nova que ten unha gran implicación e fidelización co seu xogo favorito, ten unha maior predisposición a realizar compras de marcas que apoian a industria e está disposta a viaxar para asistir a torneos e eventos de deportes electrónicos.
 
Aínda que, viaxar a competicións internacionais pode ser menos atractivo para moitas das persoas afeccionadas, debido ás circunstancias sanitarias actuais e ao elevado custo que implica asistir, os eventos locais si poderían ofrecer un punto de entrada ás persoas espectadoras de eventos en vivo por primeira vez, creando unha paixón por experimentar as competicións de deportes electrónicos en persoa e xerando interesantes oportunidades para novos destinos turísticos.
 
Ademais, existen xa numerosas plataformas que contribuíron a incrementar a audiencia destes ciber deportes permitindo seguir en streaming as competicións. Algunhas delas son Twitch, YouTube gaming ou Facebook gaming, entre outras. Hai mesmo canles de televisión que contan con programas exclusivos para visibilizar estas competicións, as cales se estima que en menos de dez anos poderían superar a grandes eventos dos deportes convencionais.
 
Algúns datos poden axudarnos a coñecer o perfil da audiencia dos eSports e a súa forma de consumir. A audiencia mundial deste sector foi de 728.8 millóns en 2021 e en España de 5,4 millóns en 2020 segundo un estudo de Newzoo. Diversas fontes citan un incremento interanual próximo ao 10%, o que nos dá unha idea do dinamismo deste sector e o seu constante crecemento. Ademais, os ingresos globais en 2021 foron de 1.084 millóns de euros e en España de 21 millóns de euros.
 
Sabemos tamén que as persoas usuarias son tecnoloxicamente activas, teñen un alto compromiso, consomen eSports maioritariamente a fin de semana, son activas e pasivas, é dicir, xogan e ven eSports e o dispositivo que máis utilizan é o pc.
 
No que respecta ao mundo do turismo, algúns destinos como Sevilla, Málaga ou a Comunidade Valenciana han visto unha oportunidade para xerar negocio ao asociar a súa imaxe aos eSports e chegar a novos nichos de mercado. Tamén Andorra, que dispón xa dun plan estratéxico para situar ao país como sede dun hub tecnolóxico e un destino recoñecido para o desenvolvemento do eSports business, co obxectivo de captar grandes competicións internacionais, entidades e empresas do sector. 
 
Desenvolver accións para atraer turismo de eSports pode ser unha boa estratexia para desestacionalizar, ao alcance tanto de destinos como de establecementos turísticos, e para iso resulta clave:
  • Planificar 
  • Crear eventos
  • Dispoñer de aloxamentos orientados a un público familiar
  • Vincular o destino a un club (fanbase e lifestyle)
  • Crear espazos gamer cun setup
 
 
Sonia Torres 
Asesora TurisTIC
 
 

Fonte:  SmartPeme