Actualidade

« Atrás

En que consiste a Identidade Dixital Europea

Data:  xoves, 08 de xullo de 2021

 
O pasado 3 de xuño a UE presentou o proxecto de Identidade Dixital Europea, pero, que é realmente e que é o que achega ao xa existente?
 
A implantación dunha Identidade Dixital Europea tenta ser a resposta a varias cuestións importantes dentro do mundo dixital no que desenvolvemos a nosa actividade diaria, tanto a nivel social como persoas cidadás ou como actividade empresarial.
 
Cada vez que nos damos de alta nun servizo na rede, xa sexa acceso a redes sociais, servizos bancarios ou compras en liña, estamos a crear unha identidade dixital en cada unha destas plataformas, por tanto, a nosa identidade dixital está disgregada e duplicada en cada un destes servizos. O principal problema é que non sabemos que sucede cos nosos datos, que trato reciben e que protección teñen ante posibles roubos –ataques cibernéticos- que, lamentablemente, son cada vez máis frecuentes nas plataformas nas que confiamos.
 
Outro aspecto que a UE tivo en conta é que calquera cidadán da UE poida identificarse para acceder a servizos públicos ou privados de forma virtual ou física en toda a Unión Europea, isto, dentro do ámbito empresarial, facilitaría todos os trámites burocráticos entre estados cun consecuente aforro de custos e un aumento significativo da eficacia.
 
Os principios fundamentos desta nova identidade dixital pódense resumir en tres aspectos principais:
 
- Estará dispoñible para todas as persoas cidadás, residentes e empresas da UE.
- Será un método identificador ou para confirmar certa información para acceder a servizos dixitais públicos ou privados en toda a UE.
- Permitirá ás persoas usuarias elixir que aspectos da súa identidade, que datos ou certificados comparte con terceiras partes e conservar un historial desas interaccións.
 
A forma na que se implementará será cunha carteira dixital europea ou " Wallet", unha carteira ou moedeiro virtual onde poderemos ter a nosa identidade nacional xunto con outros certificados como permisos de conducir, titulacións ou contas bancarias, etc…, desta forma poderemos certificar a nosa idade, alugar un piso ou abrir unha conta bancaria, facturar nun aeroporto, pagar impostos, ou alugar un coche en calquera lugar de UE a golpe de  clic, pero coa vantaxe de que só mostraremos a información imprescindible para cada servizo, é dicir, se quero reservar unha habitación de hotel por internet ninguén necesita saber de onde son ou quen son as miñas amizades, con verificar o nome e a idade sería suficiente, se quero acceder a un local de lecer nocturno non teño porque mostrar o meu nome e dirección con certificar que teño a idade adecuada para acceder xa podería entrar.
 
O ter unha Identidade Dixital confiable, apoiada e aceptada polos estados membros da UE permitirá reducir custos e tempo en trámites coa administración, mellorará o seguimento dos documentos e da nosa información persoal, xerará confianza nas transaccións, axudará a estender a asinar dixital e a confianza na orixe dos documentos, en definitiva, facilitará as relacións entre as persoas cidadás e administracións dos distintos países membros da UE.
 
Tamén parece a solución ao crecente problema sobre a privacidade e a protección dos nosos datos, que xeramos cada vez que nos damos de alta nun servizo en liña, coa Identidade Dixital Europea seremos nos quenes decidiremos canta información queremos compartir, con quen e para que, devolvendo ao cidadán o control sobre os seus datos persoais.
 
Nun primeiro momento, o que fixo a UE é crear un marco para o desenvolvemento desta Identidade Dixital e das características desa Carteira Dixital, é unha convocatoria para que os estados membros traballen no deseño e os estándares técnicos necesarios para implementar esta tecnoloxía e empezar a probala a partir de setembro de 2022.
 
Esta nova Identidade Dixital será emitida polos estados ou por entidades privadas autorizadas. As administracións públicas e as grandes plataformas dixitais estarán obrigadas a aceptala, así como aqueles sectores que requiran un nivel alto de autenticación como enerxía, servizos bancarios, saúde ou telecomunicacións. 
 
A UE espera despregar esta tecnoloxía nun espazo de tempo de 5 anos e, como sucede cando se pretende realizar un cambio tan relevante como este, a súa implantación será dunha forma progresiva e voluntaria.
 
Manuel Freire 
Asesor CPED 
 

Fonte:  SmartPeme