Actualidade

« Atrás

Emprende chanzo a chanzo este mes de xuño no Viveiro de Empresas de Lalín

Data:  luns, 10 de xuño de 2019

 
Xuño comeza cargado de actividades que se enmarcan dentro da programación especial "Emprender chanzo a chanzo" no Viveiro de Empresas de Lalín. Dúas xornadas pensadas para aquelas persoas que están a emprender, que xa emprenderon e necesitan remodelar a súa idea de negocio ou simplemente para aquelas que queren compartir as súas experiencias con outros emprendedores e emprendedoras da comarca.
 
A primeira xornada chamada "Chanzo A Equilibradora" está pensada para crear e desenvolver ideas de negocio, ideal para persoas que estén en fases iniciais do seu proxecto de empresa. Entre os obxectivos que se queren acadar nesta sesión están: 
  • Pensar e deseñar negocios sostibles no económico, no social e no ambiental
  • Facilitar ferramentas relacionadas coa viabilidade persoal (reflexións sobre as habilidades emprendedoras e sobre os motivos para emprender) e acadar unha primeira visión do modelo de negocio traballando nun contexto sostible e responsable
  • Cando? Xoves 13 de xuño, de 9:30 a 14:30h (inclúe o momento de petiscos)
A segunda xornada, "Chanzo redefine o teu negocio", estará dirixida a persoas que xa teñen un negocio en marcha e queiran availar ou darlle un novo enfoque ao mesmo. Entre os obxectivos que se poderán fixar nesta sesión son:
  • Analizar e diagnosticar a situación actual do teu negocio e empresa
  • Facilitar ferramentas relacionadas coa análise e diagnóstico da situación da empresa e de como elaborar un plan de acción
  • Definir obxectivos, estratexia e plan de acción
  • Cando? Mércores 19 de xuño, de 20:00 a 22:00h (inclúe o momento de petiscos)
Para poder inscribirse en calquera destas dúas xornadas formativas, eisó compre facelo a través do seguinte mail: eliana.bouzas@depo.gal ou nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360
 
SmartPeme
 

Fonte:  SmartPeme