Actualidade

« Atrás

O vídeo: novo medio para incrementar o teu impacto en redes sociais.

Data:  martes, 17 de abril de 2018

O uso de vídeo na nosa contorna dixital aumenta cada día asentándose como unha das formas de comunicación máis idóneas. En parte polo seu uso nas principais redes sociais, como Facebook ou Instagram, grazas ás redes 4 G e ao actual aumento na cantidade de datos móbiles dispoñibles. As interaccións nestas redes sociais ao incluír vídeo vense aumentadas considerablemente, motivo polo que fomentan e facilitan o uso do vídeo desde as propias plataformas.

Se nos aproximamos un pouco aos datos que achegan as redes sociais, podemos ver que en Facebook, os vídeos xa son vistos por máis de 500 millóns de persoas, tal e como recolle un estudo realizado por Socialbakers. Por iso, as restricións de tempo para retransmisións en directo elimináronse en Facebook LIVE, en parte, debido a que se están dando conta da importancia que teñen para as marcas á hora de captar a atención dos seus seguidores.

En Twitter e Instagram tamén se aprecia un gran aumento na interacción co contido en vídeo. Mentres que en Twitter o 82% dos usuarios usan esta plataforma para ver algún tipo de contido vídeo, en Instagram, no último ano, incrementouse o uso do vídeo en máis do 150%, segundo datos do estudo anteriormente mencionado. Isto xerou que actualmente podamos subir ata 30 segundos en Twitter e un minuto en Instagram, cando ata hai pouco só dispoñiamos de 15 segundos nesta última.

Debemos entender esta tendencia no consumo de vídeo como unha oportunidade para achegarnos ao mundo a través de imaxes en movemento. Por que? Porque gustan, porque xogamos coa posibilidade de emocionar tamén con música e voz e porque as plataformas dannos todas as facilidades para que podamos facelo.

Xa sabemos que queremos facer un vídeo promocional do noso negocio para a web e redes sociais, e ben, por onde empezamos?

 Xeralmente por coller papel e lapis e expor primeiro que queremos contar sobre o noso negocio, a quen llo quero contar e de que maneira ímosllo a transmitir. Coller unha cámara ou un móbil e gravar cousas soltas sen unha idea clara do que queremos dicir, pode facer que o espectador non capte a mensaxe e non consigamos chegar á nosa audiencia. Un espectador frustrado dificilmente vai comprar o noso produto ou dar "gústame" ao noso vídeo. Para solucionar isto debemos responder ao como imos contar a mensaxe coa nosa cámara.

Debemos ser conscientes de que o mundo que hai por diante dun obxectivo dunha cámara é practicamente infinito e está cheo de posibilidades. Coa cámara imos poder recoller parte da realidade e contar o mesmo de múltiples maneiras segundo sexa o tipo de plano, o encadre ou talvez a cor dominante, un estilo de iluminación en concreto ou o personaxe protagonista.

Unha vez que sabemos o que queremos contar e como, debemos ser capaces de ordenar nunha liña de tempo esa mensaxe. Unha forma de facer isto de forma sinxela e rápida é cun Storyboard. É dicir, unha serie de debuxos moi sinxelos mostrando o principal que se vai a ver en pantalla en cada un dos planos. Co Storyboard ademais podemos interpretar con bastante acerto a duración do vídeo resultante.

Neste punto é interesante falar do factor tempo xa que na internet os vídeos curtos funcionan mellor. O usuario recibe máis de 1000 impactos de contidos e non ten tempo de consumilos todos polo que busca pílulas que lle parezan interesantes e entretéñanlle de forma rápida.

Se a túa empresa ten moitas cousas que contar, o vídeo facilmente pódese alongar pero non por iso vai impactar máis, senón que pode converterse en algo tedioso. É mellor dividir o vídeo en varios, ben diferenciados e que nos axuden a causar maior impacto entre a nosa audiencia.

Nas redes sociais, non deberiamos exceder os 40 segundos de vídeo. De feito, poucos usuarios de redes sociais aguantan máis de 10-15 segundos vendo un mesmo vídeo. Ti mesmo podes facer a proba; no móbil feixe scroll pola túa rede social favorita e tentar aguantar vendo un mesmo clip de vídeo. Faráseche difícil non pasar ao seguinte a non ser que este sexa moi dinámico e entretido.

Planifica o que queres contar e como, plásmao nun storyboard e tenta introducir elementos que provoquen impacto. É dicir, convida a reflexionar, a facer rir ou entristecer. En definitiva, chama a atención con elementos emocionais.

Desta forma, en poucos segundos podemos comprimir a nosa mensaxe para que chegue ao espectador de forma directa e fácil de entender.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento