O téxtil galego instala as súas tendas na plataforma mundial de Amazon - Actualidade
Actualidade
« Atrás
O téxtil galego instala as súas tendas na plataforma mundial de Amazon
Data: luns, 04 de xullo de 2016
Galicia sabe fabricar e vender moda. Faino ben e o mercado está axudando a canalizar a senda do crecemento. Despois de pechar o mellor ano desde o inicio da crise, cunha subida de vendas do 5,1 %, o sector recuperou o optimismo, que se plasma nunha onda de aperturas nas principais cidades españolas
Segundo datos de Amazon Moda, unha decena de empresas téxtiles galegas incorporáronse á súa marketplace e varias xa están negociando a súa entrada. Entre as firmas que cita figuran Adolfo Domínguez, Bimba e Lola, Caramelo, Nanos, Roberto Verino ou Alba Conde.
Fonte: La voz de Galicia