Actualidade

« Atrás

O poder do contido dixital visual en vertical

Data:  venres, 08 de abril de 2022

 
Na era das novas tecnoloxías, se unha característica empeza a funcionar ben nunha rede social ou mesmamente nunha web, o máis probable é que empece a aparecer noutras, aínda que non presenten as mesmas características, funcionalidades ou deseños.
 
Isto é, por exemplo, o que ocorreu cando Facebook comezou a difundir noticias para poder competir con Twitter.
 
Pouco tempo despois, unha rede social chamada Snapchat comezou a xerar contido en vertical (espazo, dentro dunha rede social, dedicado a proporcionar información e contido temático de interese para as persoas que forman o público obxectivo) cunha duración fugaz, marcando un antes e un despois na era do contido social. Pois ben, esta rede social foi a protagonista dunha funcionalidade que se replicaría, posteriormente, nas demais.
 
Se facemos un pequeno repaso, podemos ver que Twitter lanzou a característica "Fleets": unhas historias, similares ás de Instagram, que non tiveron moito éxito e que a compañía retirou máis pronto que tarde. Aínda así, non se deu por vencida e acabou por deseñar, tras o éxito de Clubhouse, unha funcionalidade que permite falar por audio, chamada "Espacios". LinkedIn pola súa banda, tamén se apresurou a facer o mesmo, pero non tivo relevancia algunha.
 
Se falamos de Facebook, temos que mencionar os "Reels" (vídeos de curta duración), que se lanzaron en Instagram no ano 2020, e si, foron unha actuación clara para competir con Snapchat
 
Aproveitar as historias, fai que gañemos visibilidade. 
 
Dende logo, o contido vertical foi unha prioridade para todas estas plataformas. Agora podemos velo en TikTok, a rede social máis importante do momento, que acaba de incorporar ás súas funcionalidades as historias. Pero, que teñen de diferente coas de Instagram?
 
Historias de Instagram: 
  • Duran 24 horas
  • Os comentarios son privados
  • Podemos destacalas para que permanezan no tempo
  • Conteñen stickers e contido interactivo
  • Podes saber o número de persoas usuarias que viron a historia e persoalmente quenes son
Historias de TikTok: 
  • Duran 24 horas tamén
  • Igualmente dispoñen de contido interactivo para as persoas usuarias
  • Hai posibilidade de que os comentarios sexan públicos
  • Non existe opción de destacar
  • Podes saber o número de persoas usuarias que viron a historia, pero non persoalmente quenes son
Polo tanto, se estás a optar por este tipo de contido que tanto gusta as persoas usuarias, dende SmartPeme recomendámosche algunhas boas prácticas para facelo aínda máis profesional:
  • Utiliza o sticker de "ubicación"
  • Anuncia sorteos nas historias
  • Usa fotografías en movemento
  • Sube vídeos "making off"
  • Celebra os días especiais, destacados ou internacionais
  • Usa os GIFs
  • Utiliza as preguntas ou cuestionarios
  • Comparte a tu música favorita
  • Dalle un repaso ao contido antigo
  • Crea contido en serie
  • Comparte contido xerado pola túa comunidade
  • Presenta o teu equipo
  • Non abuses do texto
Ademáis, se queres que te axudemos de forma personalizada... Contáctanos hoxe mesmo!
 
 
Fátima Faílde
Asesora TIC
 

Fonte:  SmartPeme