Actualidade

« Atrás

O futuro da monetización en Instagram

Data:  venres, 16 de xullo de 2021

A rede social propiedade de Mark Zuckerberg anuncia que será posible comezar a monetizar na súa rede social favorita, Instagram.
 
A monetización en Instagram acaba de chegar tras o comunicado de Alessandro Paluzzi, informático da corporación, e que o publicou a través dunhas capturas de pantalla na súa conta de Twitter. Exclusive Story ou historias de contido exclusivo competirá directamente coa  funcionalidade de Twitter, Super Follows. 
 
Que vai ser esto de Exclusive Story? Será unha nova función que permite crear contido exclusivo e único o cal soamente poderán ver persoas subscritoras. O pouco que sabemos desta nova funcionalidade é que esas historias conterán unha etiqueta de cor púrpura que será a maneira de identificalas. Lembremos que existen etiquetas verdes, que nos indican que as historias compartidas se están a mostrar a "mellores amigos". 
 
Se pensas que poderás facer capturas de pantalla nestas novas historias vip, nin o penses, xa que van a estar bloqueadas aínda que sexas unha persoa subscritora. De momento non se sabe cal será o prezo que haberá que pagar para poder desfrutar dese contido único. 
 
As persoas creadoras de contido poderán monetizar doutras vías
 
Agora a persoa creadora de contido vai poder vender os seus propios produtos ou incluso, vincular un perfil persoal cunha tenda. Ata o de agora, soamente os perfís de índole comercial eran capaces de abrir unha tenda nesta rede social. Tamén van poder gañar diñeiro a través da función Insignias en Live.
 
A publicidade chegará aos Reels, en cambio se resides en Brasil, Australia, Alemaña ou na India xa te toparías cos anuncios publicitarios. A maneira na cal funcionará será sinxela: debaixo de cada Reel aparecerá unha etiqueta que indicará que o contido está "patrocinado". Serán os mesmos vídeos de ata 30 segundos pero co indicativo do patrocinio.
 
Parece que Instagram seguirá a competir tanto con TikTok como por se converter na rede social predominante das persoas creadoras de contido. 
 
 
Fátima Failde 
AsesoraTIC 
 

Fonte:  SmartPeme