Actualidade

« Atrás

O asesoramento tecnolóxico da man de SmartPeme

Data:  venres, 21 de xullo de 2017

O proxecto da Deputación de Pontevedra, SmartPeme, creado para dar información e asesoramento aos autónomos e autónomas, ás PEMES e ás persoas emprendedoras da provincia  en materia de novas tecnoloxías e desenvolvemento TIC, continúa a senda de crecemento do primeiro trimestre e alcanza novas cotas de éxito nesta primeira metade do ano.
 
A rede SmartPeme está a cumprir os obxectivos marcados para o primeiro semestre do 2017: ensinar aos colectivos empresariais a ter maior presenza online,  xestionar mellor a información e  ser máis competitivos no medio online. A  transformación dixital é un requisito indispensable para aumentar as vendas e a produtividade en calquera sector.
 
Comparando a información deste primeiro semestre coa do ano anterior, obsérvase o crecente interese do tecido empresarial neste servizo. O número de eventos realizados aumentou de 173 a 188 e o número de asistentes creceu un 54%, alcanzando os 1.731 asistentes, respecto dos 1.120 rexistrados na primeira metade do 2016.
 
Doutra banda, as cifras de asesoramentos a empresas mostran tamén uns resultados moi favorables. No que vai de ano atendéronse 806 consultas fronte ás 616 correspondentes ao mesmo período do ano anterior, o que representa un incremento do 31 % nesta primeira metade do 2017.
 
Estes datos reflicten que a actividade de SmartPeme vai en aumento e que o tecido empresarial pontevedrés é consciente da utilidade destes servizos, ademais, SmartPeme segue en continua colaboración, con diferentes asociacións e colectivos, para chegar ao maior número posible de empresas e potenciar o seu desenvolvemento económico a través da tecnoloxía. 
 
Se se desexa obter máis información sobre SmartPeme ou solicitar asesoramento, contacte connosco no 886 20 20 20, ou en http://www.smartpeme.depo.es/ .

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento