Actualidade

« Atrás

Día Mundial do Turismo

Data:  venres, 24 de setembro de 2021

Como cada ano o vindeiro luns 27 de setembro conmemórase O Día Mundial do Turismo para sensibilizar á comunidade internacional sobre a importancia do turismo e o seu valor social, cultural, político e económico.
 
O Día Mundial do Turismo foi designado pola Organización Mundial do Turismo (OMT) en setembro de 1979, e a súa celebración comezou en 1980. Esta data elixiuse para que coincidise cun fito importante no turismo mundial: o aniversario da adopción dos Estatutos da OMT (UNWTO) o 27 de setembro de 1970.
 
'Turismo ao servizo do crecemento inclusivo' é o tema do Día Mundial do Turismo este ano 2021. O evento oficial será organizado por Costa do Marfil celebrando a capacidade do turismo para impulsar o desenvolvemento inclusivo e o papel que este desempeña na promoción do respecto á vez que xera oportunidades para moitos millóns de persoas en todo o mundo. 
 
Desde o pasado século o turismo converteuse nunha das principais actividades económicas a escala mundial, representando ao redor do 10,5% do PIB da nosa provincia e sendo unha fonte primordial na xeración de emprego. O noso sector está a mostrarse clave para unha rápida recuperación económica post- covid polo seu dinamismo e porque que soubo reinventarse e reestruturarse. O turismo é, ademais, un sector transversal e implica múltiples beneficios en diferentes actividades económicas non involucradas directamente. Estamos, por tanto, ante unha actividade cun gran potencial de desenvolvemento e capaz de xerar multitude de oportunidades para todas as persoas.
 
O turismo sostible é unha aposta firme tanto do sector público como privado da nosa provincia e é clave tamén para o crecemento económico inclusivo e sostible que nos axudará a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
 
Aproveitar os beneficios do turismo é fundamental e podemos crear un sector turístico que sexa funcional e que cre oportunidades para todos:
 
• Facilitando formación e capacitación práctica.
• Promovendo o investimento tanto público como privada.
• Ofrecendo asistencia técnica para o uso e aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
 
O uso das novas tecnoloxías pode axudarnos a acelerar a recuperación da actividade turística e, desde Smartpeme, podemos avaliar o grao de dixitalización da túa empresa, presentarte novas solucións tecnolóxicas e asesorarte na elección das ferramentas TIC e canles en liña máis adecuados para que alcances o éxito co teu proxecto turístico.
 
Sonia Torres
Asesora TurisTIC
 

Fonte:  SmartPeme