Actualidade

« Atrás

Día Internacional da Muller

Data:  venres, 06 de marzo de 2020

Este domingo, día 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller, e desde Smartpeme queremos destacar o papel da muller emprendedora, autónoma e da muller na empresa. Actualmente, todas as mulleres que se asesoran na rede Smartpeme contan con proxectos realmente apaixonantes e cheos de esforzo, traballo e dedicación. Proxectos de educación, artesanía e comercio, empresas tecnolóxicas, turísticas…
 
Ao longo deste mes, desde a Deputación de Pontevedra levarán a cabo diversas iniciativas ao redor do Día da Muller (Podedes consultar a axenda aquí) e en particular en Smartpeme, desenvolveremos algunhas iniciativas relacionadas. Na nosa programación de talleres temos na de Smartpeme Lalín o día 12 de marzo "Experiencias Smartpeme: mulleres emprendedoras" onde algunhas das nosas asesoradas falarannos acerca dos seus proxectos e sobre como foi a súa experiencia de emprender: oportunidades e barreiras, pasos para chegar ata aí, anécdotas…
 
Doutra banda, nas redes sociais seguiremos compartindo casos de éxito de proxectos e empresas usuarias de Smartpeme e lideradas por mulleres, non dubidedes en seguirnos en Facebook, Instagram e Twitter para coñecelas! 
 
Para finalizar, queremos compartir un interesante plan para o día 8 de marzo dunha das nosas empresas asesoradas, Turismo de Historias.
 
Turismo de Historias é unha iniciativa emprendedora nada en Soutomaior que combina a Historia co Turismo. Este domingo, tráennos a Roteiro María  Vinyals.
 
"Descobre a vida e a obra de María Vinyals mentres percorres o castelo de Soutomaior cunha guía oficial especializada. Esta fortaleza, cuxos orixes se remontan ao século  XII, viu nacer á insigne escritora e feminista en 1875. 
 
O roteiro complétase cunha visita á adega Colleiteiros de Soutomaior, que forma parte da subzona máis singular da D.Ou. Rías Baixas. Coñece a historia desta adega de pequenos viticultores e degusta a súa albariño María Vinyals."
 
INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS:
618 271 092 (Silvia)
info@turismodehistorias.com
https://www.facebook.com/turismodehistorias/?modal=admin_todo_tour 
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento