Actualidade

« Atrás

Descobre o Dark Márketing

Data:  venres, 15 de outubro de 2021

Aínda que o nome "Dark" ou "Escuro" asóciase a cousas tenebrosas ou malas, neste caso non é así, é todo o contrario. O Dark Marketing consiste en realizar campañas personalizadas e con segmentación. O obxectivo é atopar e utilizar a información que as persoas consumidoras deixan nas plataformas dixitais.
 
Poderíase dicir que son unha serie de accións que se toman para atopar o noso público obxectivo dunha forma moi específica, é dicir, tense que fragmentar, segmentar e adaptar ata conseguir unha audiencia específica cun interese real no noso produto, marca ou servizo.
 
Grandes empresas implementárono tendo excelentes resultados. Actualmente, nalgúns sitios estas prácticas xa representan o 85% do investimento en redes sociais e anuncios.
 
Coa información que reciben das súas analíticas tanto de visitas como de compras créanse os anuncios que unicamente funcionarán para ese nicho, é dicir, o resto das persoas consumidoras ou público non poderán velos. Con esta práctica melloramos o uso dos recursos e o investimento da campaña dado que permite alcanzar ás persoas que verdadeiramente están interesadas no produto, marca ou servizo e isto tradúcese en interacción, difusión, conversión ou compra.
 
Comprender como funciona o  Dark Marketing e cales son as súas bases, axudarache a triunfar na túa campaña. Neste tipo de márketing, a rapidez é primordial para atopar ao público correcto, de igual forma, realizar probas con diferentes variables axudará a atopar a mellor opción. Os catro puntos crave que debes seguir son:
 
Alta Fragmentación
A túa campaña debe ser fragmentada nas diversas plataformas dixitais coas que conte a túa marca, programado para publicalo no mellor día e horario do teu nicho específico. Con isto, obtés un impacto maior na audiencia e aproveitas ao máximo o teu investimento. A idea é que se xa tes ben definido o teu nicho e as necesidades do mesmo o fragmentes xa que cada persoa consumidora ten diferentes necesidades e máis se no teu menú de produtos e/ou servizos tes moita variedade.
 
Segmentación
Esta parte do Dark Marketing é moi importante. A campaña debe ser enfocada nas persoas que forman o público específico que atopaches mediante distintas probas, por exemplo, tendo en conta as que interactuaron coa túa páxina. Así, certificas que só aquelas persoas interesadas reaccionen ao teu anuncio.
 
Personalización
Evolucionando do márketing do escopetazo ao do francotirador, no Dark Marketing créanse campañas e mensaxes que chegan só a un determinado segmento de persoas; a un nicho moi escollido e específico. Logo en moitos casos poderase dar incluso o  Dark Posting, é dicir posts que só algunhas persoas que entren nesa segmentación poderán chegar a ver.
  
Re-enfoque
Algunhas persoas poden tomar esta práctica como algo intrusivo, pero a realidade é que demostrou resultados e impactos positivos. O re-enfoque é mostrar novamente os teus anuncios ás persoas que xa visitan a túa web ou produto, desta forma, duplicas os teus esforzos por achegarche ao teu público e ter máis oportunidades de captar a máis clientela. 
 
O que hai que considerar é que estamos a construír campañas para persoas. Actualmente as redes sociais recollen gran cantidade de información destas persoas usuarias e, grazas a iso, as marcas poden segmentar á perfección.
 
Tamén hai que lembrar que nós queremos alcanzar ás persoas, non aos datos que eles nos proporcionan, de nada servirá unha segmentación perfecta se non sabes como chegarlle ao teu público.
 
Non esquezas traballar coas emocións, ofrecer algo que entreteña ou proporcione información ou que axude á comunidade, así conseguirás atraer ás persoas usuarias e isto, unido á estratexia de Dark Marketing, maximizará os resultados para a túa empresa.
 
Guillermo Nass
Asesor TIC

Fonte:  SmartPeme