Actualidade

« Atrás

Almorzo networking con Enrique Dans

Data:  luns, 12 de xuño de 2017

 
Nos últimos anos estamos a asistir a toda unha revolución social e económica, apoiada fundamentalmente nas novas tecnoloxías. A aparición das redes sociais a comezos do século XXI e a consolidación das iniciativas de economía colaborativa, como AirBnB ou Bla Bla Car, son algúns dos fitos dun cambio en todos os ámbitos da sociedade. 
 
Todas estas iniciativas que están a cambiar o mundo teñen nomes e apelidos tras elas: Mark Zuckerberg, Jeff Bezos, Travis Kalanik, Larry Page… o que demostra en que medida son as ideas, apoiadas pola tecnoloxía, as que están a impulsar este cambio.
 
Se hai algo que nos interesa en SmartPeme é a aplicación que teñen as novas tecnoloxías no ámbito empresarial. Por iso, convidámoste a coñecer da man dun experto como están a ser aproveitadas para os negocios e cales serán as grandes tendencias para o próximo lustro.
 
O luns 26 de xuño, no auditorio do antigo Reitorado da Universidade de Vigo, teremos a oportunidade de contar con  Enrique Dans, experto en innovación e tecnoloxía, profesor de Sistemas de Información na IE Business School, asesor de empresas e de consellos de administración e influente blogger. Nesta ocasión Enrique daranos a súa visión estratéxica sobre a importancia da adaptación e sobre o cambio que o uso das novas tecnoloxías supón para as empresas.
 
O evento contará coa participación da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, e do deputado de Promoción e Innovación Económica, Francisco Javier Dios Pomares.
 
A continuación facilitámosvos os detalles do evento. Podedes confirmar a vosa asistencia no seguinte formulario ou ben por teléfono no 886 202 020.
 
Orde do día:
  • 09:30 h Mesa de acreditacións para o almorzo
  • 09:45 h Apertura e presentación dos novos servizos SmartPeme Pontevedra a cargo de Carmela Silva Rego e Francisco Javier Dios Pomares
  • 10:15 h "Transformación dixital: As ideas que están a cambiar o mundo" por Enrique Dans
  • 12:00 h Café networking para as persoas asistentes
 
 

Fonte:  SmartPeme