Actualidade

« Atrás

Desenvolvemento de solucións innovadoras a retos

Data:  luns, 24 de xaneiro de 2022

 
Co obxectivo de continuar impulsando a innovación e talento da provincia de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra no marco do proxecto SmartPeme presenta o concurso Desenvolvemento de solucións innovadoras a retos que terá lugar entre o 24 de xaneiro e o 15 de febreiro do 2022.
 
O obxectivo do concurso consistirá en desenvolver solucións innovadoras a través da creación dunha aplicación móbil, web ou outra plataforma tecnolóxica que dea resposta a un dos seguintes retos: 
 
  • Axudar na promoción da sostibilidade nas empresas.
  • Contribuír na mellora da igualdade nas empresas.
  • Axudar no impulso do emprendemento.
 
Nesta ocasión, exponse unha iniciativa completamente en liña, de maneira que se poderá garantir a seguridade e saúde de todas as persoas participantes. Por outra banda, efectuarase en grupos multidisciplinares de máximo catro persoas (4).
 
Este concurso iníciase o luns 24 de xaneiro coa apertura de inscricións. Desde ese mesmo momento, os equipos poderán empezar a traballar na idea e o desenvolvemento dos proxectos. O 10 de febreiro presentaranse os proxectos ante un xurado e posteriormente, as persoas participantes acudirán ao evento final que celebrarase o día 15 de febreiro, onde se presentarán as ideas finalistas e escollerase aos tres equipos gañadores do concurso.
 
A inscrición pódese realizar facendo click AQUÍ. Ditas inscricións permanecerán abertas ata o día 9 de febreiro, día no que os equipos terán que subir os seus proxectos antes das 23:59 h. 
 
Poderán participar persoas de todo o territorio nacional que conten coa preparación técnica suficiente para levar a cabo o desenvolvemento das ideas exposta.
 
Para o desenvolvemento óptimo do concurso, as persoas participantes poderán contactar co equipo de SmartPeme a través do correo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020 co fin de axudar a liquidar cuestións relacionadas coa iniciativa, consultas de corte tecnolóxico, ou outras dúbidas relacionadas co modelo de negocio exposto.
 
O xurado valorará a validez do modelo de negocio, a viabilidade, a innovación e a diferenciación do proxecto na selección dos gañadores.
 
Os equipos que resulten finalmente gañadores poderán gozar dos seguintes premios: 
 
1º Premio: 
  • Acceso prioritario aos programas de coworking que a Deputación de Pontevedra desenvolverá durante o ano 2022 nos viveiros de empresas de Lalín e Barro
  • Estancia nun aloxamento na provincia de Pontevedra para catro persoas cunha valoración estimada en 1.000€
 
2º Premio: 
  • Acceso prioritario aos programas de coworking que a Deputación de Pontevedra desenvolverá durante o ano 2022 nos viveiros de empresas de Lalín e Barro
  • Experiencia gastronómica na provincia de Pontevedra para catro persoas cunha valoración estimada en 500€
 
3º Premio: 
  • Acceso prioritario aos programas de coworking que a Deputación de Pontevedra desenvolverá durante o ano 2022 nos viveiros de empresas de Lalín e Barro
  • Experiencia de turismo activo na provincia de Pontevedra para catro persoas cunha valoración estimada de 250€
 
Para consultar con maior detalle as condicións e outros aspectos do concurso Desenvolvemento de solucións innovadoras a retos pódese revisar as bases publicadas AQUÍ. Para máis dúbidas tamén se pode consultar escribindo a info.smartpeme@depo.es ou chamando ao teléfono 886 202 020.
 
 

Fonte:  SmartPeme