Actualidade

« Atrás

Depo FabLab

Data:  mércores, 15 de novembro de 2017

Recentemente asistimos á posta en marcha dunha innovadora iniciativa, o Depo FabLab promovido pola Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI) no viveiro de empresas de Barro-Meis. Esta nova instalación permitirá desenvolver proxectos tecnolóxicos nun espazo público dotado e de uso gratuíto, para impulsar e fixar riqueza na provincia de Pontevedra.
 
Deste xeito, a Deputación de Pontevedra reforza a súa aposta pola modernización do tecido empresarial da provincia, complementando a ampla oferta de servizos de capacitación e asesoramento TIC da rede Smartpeme con novas instalacións e equipamentos á vangarda tecnolóxica.
 
Imos tratar de achegarnos a este concepto tan innovador de FabLab (do inglés Fabrication Laboratory "Laboratorio de Fabricación", outros prefiren Fabulous Laboratory "Laboratorio Fabuloso") e ver en que nos pode afectar a todos nós nun futuro. Esta idea xorde no ano 2000 no MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) onde o profesor Neil Gerschenfeld proclamaba a "terceira revolución dixital" baseándose na hipótese na que se fundan estes laboratorios abertos. Dita revolución fai fincapé na crecente socialización, personalización e modernización dos procesos de deseño e fabricación que supoñerán uns cambios culturais, económicos e sociais dun gran impacto na sociedade. Esta é a idea principal na que se basean estes laboratorios abertos, vinculados principalmente aos individuos máis que á industria, xa que hoxe en día, a próxima idea que transforme un sector ou industria, e o talento necesario para levala adiante, pode atoparse en calquera recuncho do planeta.
 
A Fab Lab Network (rede de Fab Lab), da que formará parte en breve Depo Fablab, pretende fomentar a interactuación entre empresas, persoas emprendedoras, deseñadores, creadores individuais, animando así a capacidade de innovación. Esta idea xunto cos equipos dispoñibles no Depo Fablab (escáneres 3D, impresoras 3D, kits de Arduino, sensórica,.), farán posible a premisa coa que naceron estes laboratorios nos que é posible construír "case" calquera cousa (to make "almost anything").
 
Na actual Industria 4.0, da fabricación en masa que proporciona a  industria actual pasaremos á fabricación por parte de calquera persoa emprendedora. Cun deseño desde a base e o movemento DIY (do it yourself "faino ti mesmo") evoluciónase de grandes nichos de mercado a pequenos lotes de produtos personalizados. As grandes campañas de márketing deron paso ao boca-orella e a viralización nas redes sociais, sentando as bases do éxito de proxectos financiados por Crowdfounding (financiamento colectivo) e á formación das comunidades de emprendedores ou "makers"  con proxectos abertos creados en espazos comúns como o Depo FabLab. Desta forma, a cuarta revolución industrial na que nos atopamos, xa está ao noso alcance na provincia de Pontevedra.
 
Francisco Lorenzo.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento