Actualidade

« Atrás

Programa de coworking en Pontevedra: un lugar para emprender

Data:  xoves, 27 de xullo de 2017

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e a Deputación de Pontevedra subscribiron un acordo de colaboración para promover a iniciativa empresarial local coa apertura conxunta de espazos de coworking nas localidades de Barro-Meis.
 
A través desta iniciativa preténdese fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos de negocio que participen destes espazos de coworking, nun período de cinco meses, identificando as propostas con máis potencial de crecemento. Desta forma, a EOI e a Deputación de Pontevedra buscan que as iniciativas participantes poidan incorporarse en aceleradoras e cubrir así a seguinte fase no desenvolvemento das súas empresas.
 
Con esta finalidade levaranse a cabo diferentes actividades:
 
- Obradoiros para axudar a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles e a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha
- Sesións de formación en grupo nas que se traballarán materias específicas para impulsar e poñer en funcionamento os proxectos do espazo coworking
- Sesións de mentorización por parte de persoas expertas centradas en acompañar as emprendedoras e emprendedores desde o momento do deseño de modelo de negocio ata a súa posta en marcha e optimización de ideas, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño
- Eventos encamiñados a potenciar o networking e a compartir boas prácticas, contando coa experiencia de persoas expertas e do mundo empresarial
 
Esta convocatoria está aberta, ata o 15 de setembro, para as emprendedoras e emprendedores cun proxecto en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).
 
Sede: viveiro de empresas de Barro-Meis, polígono industrial Barro-Meis, parcelas A4.5, Outeda-Curro, 36191 Barro, Pontevedra
 
Período: de setembro de 2017 a marzo de 2018
 
Máis información: cwpontevedra@eoi.es
 

Fonte:  SmartPeme