Actualidade

« Atrás

Coronavirus: medidas, precaucións e ferramentas para fomentar o teletraballo.

Data:  xoves, 12 de marzo de 2020

 
Desde Smartpeme, e en sintonía coas medidas e protocolos adoptados pola Deputación de Pontevedra, buscando sempre manter a eficacia no noso servizo a PEMES, persoas autónomas e emprendedoras, manteremos aberto esta canle á cidadanía seguindo as pautas descritas a continuación:
 
- Ofrecerase a todas as persoas usuarias a posibilidade de realizar asesoramentos telemáticos.
 
- Fomentar a conexión remota e asegurar a calidade do servizo de asesoramento de maneira telemática (realizar as consultas por teléfono, correo electrónico, Skype...). 
 
- Pospoñer, ata novo aviso, actividades de capacitación da rede: obradoiros, eventos de networking, etc.
 
Seguindo estas directrices de actuación, deixámosvos unha serie de ferramentas moi útiles para traballar de forma remota con todas as garantías:
 
  • Trello: a solución definitiva para a xestión de proxectos. Con Trello podes crear tarxetas para organizar as túas tarefas e ordenalas en listas. Sempre poderás mover estas tarxetas segundo avance o teu proxecto, ademais de establecer datas de entrega, asignar responsables e mesmo crear checklists. Cada persoa usuaria recibe notificacións das tarefas que lle foron asignadas e dos posibles movementos que poida haber en relación a elas.
  • Slack: facilita a comunicación interna na empresa, aínda que non esteas na oficina de forma presencial. Esta ferramenta para o teletraballo componse de correo electrónico, mensaxería instantánea e outras aplicacións que permiten outras vías de comunicación, por exemplo Skype. 
  • Sesame: ferramenta que serve para levar un control horario. Funciona grazas a un sistema de xeolocalización a través do cal o traballador pode facer anotacións desde o seu propio móbil, independentemente de onde se atope e, dese modo, contabilizar o tempo que adica ao seu labor. 
  • Google Drive: ideal para as tarefas en equipo. Ten a posibilidade de traballar simultaneamente, vanse gardando as tarefas realizadas e pódense editar por todas as persoas participantes con permisos.
  • We Transfer: aplicación por excelencia para transferir arquivos de grandes dimensións como imaxes de alta calidade ou vídeos. 
 
Antes de poñernos a teletraballar, debemos ter en conta as seguintes consideracións básicas:
 
- O primeiro de todo, é dispoñer dunha conexión estable a Internet. Se hai demasiados aparellos conectados á rede Wi-fi e percibes lentitude na resposta do teu computador, desconecta dispositivos da rede. Tamén pode ser útil conectar mediante cable ethernet ao módem o computador co que se traballa. 
 
- Tamén convén usar, na medida do posible, un monitor e non traballar coa pequena pantalla dun portátil. Iso mellora moito a comodidade, ademais da hixiene postural, pois con frecuencia os monitores integrados en computadores portátiles obrígannos a agachar a cabeza o que pode provocar dores de costas. Usar un rato e un teclado, independente se traballamos cun computador portátil, tamén é moi recomendable.
 
Por último, e debido a que poida existir posible descenso de actividade nas empresas, animámosvos, ás persoas que xestionedes este tipo de negocios, a potenciar a vosa presenza online, así como o comercio electrónico, que, sen dúbida, será unha das alternativas en auxe, así como aproveitar para poñer a punto as vosas redes sociais, webs e blogues. 
 
Enlaces de utilidade: 
 
 
 
 
 
Adrián Fernández
Asesor TIC Smartpeme
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento