Actualidade

« Atrás

Convocatoria II Concurso Desenvolvemento de Solucións Innovadoras a Retos

Data:  xoves, 27 de outubro de 2022

 
Co obxectivo de continuar impulsando a innovación e talento da provincia de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, no marco do proxecto Smartpeme, e en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, presenta a II edición do concurso Desenvolvemento de Solucións Innovadoras a Retos que terá lugar entre o 28 de outubro e o 29 de novembro do 2022.
 
O obxectivo do concurso consistirá en desenvolver solucións innovadoras a través da creación dunha aplicación móbil, web ou outra plataforma tecnolóxica que dea resposta a un dos seguintes retos: 
  • Axudar na promoción da sustentabilidade nas empresas e na dinamización do medio rural.
  • Contribuír na mellora da igualdade nas empresas.
  • Axudar no impulso do emprendemento.
Nesta ocasión, exponse unha iniciativa completamente en liña, e efectuarase en grupos multidisciplinares de entre tres (3) e cinco (5) persoas.
 
Este concurso iníciase o 28 de outubro coa apertura de inscricións. Desde ese mesmo momento, os equipos poderán empezar a traballar na idea e o desenvolvemento ata o 18 de novembro. O 24 de novembro presentarán, todos os equipos, os proxectos ante un xurado e o día 29 de novembro celebrarase un evento final, onde se anunciará a resolución dos equipos gañadores do concurso. 
 
A inscrición pódese realizar facendo clic AQUÍ. Ditas inscricións permanecerán abertas ata o 18 de novembro, día no que os equipos terán que enviar os seus proxectos a info.smartpeme@depo.es antes das 23:59h. 
 
Cada equipo deberá presentar os seguintes entregables para a súa posterior valoración: 
  • Transparencias das que se fará uso na presentación da aplicación TIC. 
  • Ligazón á demo desenvolta.
Poderán participar persoas de todo o territorio nacional que conten coa preparación técnica suficiente para levar a cabo o desenvolvemento das ideas exposta e que cumpran cos requisitos recolleitos nas bases legais.
 
Á finalización do concurso, as dúas mellores iniciativas recibirán unha contía de 2.000€ cada unha.
 
Para a selección dos proxectos gañadores, o xurado valorará os seguintes criterios:
  • Ser un modelo de negocio innovador: considérase un modelo de negocio innovador aquel que xera unha idea nova e que logra darlle forma indo máis aló das expectativas do mercado, de maneira que poida diferenciarse da competencia (valorarase de 0 a 5, sendo 0 nada innovador e 5 moi innovador).
  • Xerar impacto na provincia de Pontevedra (valorarase de 0 a 5, sendo 0 non xerar impacto e 5 xerar moito impacto). 
  • Incorporar elementos innovadores e tecnolóxicos (valorarase de 0 a 5, sendo 0 a non incorporación de elementos innovadores e tecnolóxicos e 5 a incorporación de 5 ou máis de 5 elementos innovadores e tecnolóxicos). 
  • Ser un proxecto escalable dixitalmente: un negocio considérase dixitalmente escalable cando fai uso da tecnoloxía para aumentar as ventas, e así xerar ingresos sen aumentar os custos (valorarase de 0 a 5, sendo 0 nada escalable e 5 moi escalable).
  • Realizar algunha acción sostible: considérase unha acción sostible aquela que está orientada a garantir un equilibrio entre crecemento económico, coidado do medio e benestar social (valorarase de 0 a 5, sendo 0 a non realización de accións sostibles e 5 a realización de 5 ou máis accións sostibles).
  • Contar cunha estratexia de desenvolvemento dixital continuo: unha estratexia dixital consiste na aplicación da tecnoloxía ao modelo de negocio para mellorar o rendemento empresarial (valorarase de 0 a 5, sendo 0 a non existencia dunha estratexia dixital e 5 a existencia dunha estratexia dixital consolidada e posta en marcha). 
  • O proxecto é factible e funcional (valorarase de 0 a 5, sendo 0 proxecto non factible nin funcional e 5 proxecto factible e funcional). 
  • O modelo de negocio proposto é viable, defínese o cliente obxectivo e preséntase a proposta con claridade (valorarase de 0 a 5, sendo 0 modelo de negocio non viable e 5 modelo de negocio viable).
Para consultar con maior detalle as condicións e outros aspectos relativos á II edición do concurso Desenvolvemento de Solucións Innovadoras a Retos pódese revisar as bases publicadas AQUÍ. Para máis dúbidas, as persoas interesadas tamén poden consultar escribindo a info.smartpeme@depo.es ou chamando ao teléfono 886 202 020.
 

Fonte:  SmartPeme