Actualidade

« Atrás

CONVOCATORIA DA V ACELERADORA DE EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS

Data:  xoves, 06 de outubro de 2022

 
Tras o éxito das catro edicións anteriores, a Deputación de Pontevedra, a través de Smartpeme, presenta a "V Aceleradora de empresas do sector turístico" que se realizará en colaboración coa Fundación Roberto Rivas. Esta quinta aceleradora consiste na realización dun roteiro formativo no uso das TIC centradas no sector turístico, darase formación en técnicas que melloren a estratexia de imaxe dos establecementos e, tamén, levarán a cabo asesoramentos individuais con persoas asesoras especializadas no turismo e nas TIC.
 
Á finalización do programa, as dúas mellores iniciativas aceleradas recibirán unha contía de 900€ e 600€ respectivamente.
 
A quen vai dirixido?
 
A V Aceleradora de empresas do sector turístico está dirixida a pemes, persoas autónomas e persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra, con negocios que desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade en liña; así como persoas cun proxecto empresarial ligado a0 sector turístico ou cunha actividade vinculada ao mesmo en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento.
 
Actividades
 
A V Aceleradora de empresas do sector turístico seguirá as seguintes fases e actividades:
 
 
Proceso de selección de participantes
 
Co fin de conseguir unha correcta selección das persoas participantes desta V Aceleradora de empresas do sector turístico, o Comité de Avaliación do proxecto Smartpeme realizará unha preselección entre os proxectos en base á documentación presentada polas persoas interesadas e por cada un dos criterios de valoración que están recollidos nas bases:
 
1.Memoria do proxecto: Os interesados terán que cumprimentar, xunto coa solicitude, un formulario de memoria do proxecto, cunha extensión máxima de 5 páxinas que deberá conter:
  • Obxectivo do proxecto
  • Misión, visión e valores
  • Actividade que realiza (no que se especifique por que se considera un modelo de negocio innovador no caso de selo; que elementos innovadores e tecnolóxicos incorpóranse, no caso de incorporalos; por que é escalable dixitalmente, no caso de selo; e por que xera impacto na provincia de Pontevedra, en caso de xeralo)
  • Descrición do produto/servizo
  • Que pretende alcanzar coa súa participación na V Aceleradora de empresas do sector turístico
2. Perfil das persoas participantes: Presentación do equipo participante e da persoa delegada para a asistencia ao programa.
 
Unha vez completada a preselección, os membros do equipo técnico de Smartpeme e o Comité de Avaliación realizarán unha pequena entrevista a aqueles proxectos preseleccionados co fin de coñecer e avaliar en detalle o seu potencial de negocio, implicación e necesidades para abordalo.
 
Unha vez realizadas as entrevistas e realizado o informe final, o Comité de Avaliación seleccionará a un máximo de 8 proxectos participantes na aceleradora. A resolución definitiva dos proxectos seleccionados publicarase tanto na web de Smartpeme como na da Deputación de Pontevedra e será comunicada aos interesados vía correo electrónico.
 
Calquera aclaración respecto ás bases ou discrepancia debe ser remitida mediante correo electrónico á dirección info.smartpeme@depo.es
 
 Lugar, forma e prazo de presentación de solicitudes
 
O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 20 de outubro ás 23:59 horas, non considerándose ningunha candidatura presentada fóra de prazo.
 
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/129453167
 
Período lectivo 
 
As actividades do Programa de aceleración executaranse entre o 2 de novembro e o 20 de decembro.
 
Preferentemente priorizaranse os asesoramentos de forma telemática, aínda que existirá a posibilidade de realizar asesoramentos de forma presencial en función das necesidades da persoa usuaria.
 
As actividades formativas serán todas en liña para facilitar e garantir a asistencia das 8 empresas seleccionadas que poderán ser de calquera parte da provincia de Pontevedra.
 
Para inscribirte ou consultar calquera dúbida poderá contactar co equipo do proxecto en:
 
Smartpeme Pontevedra 
Edif. Admin. Deputación de Pontevedra 
Av. Montero Ríos s/n 
36071 - Pontevedra 
Email: info.smartpeme@depo.es
Teléfono: 886 202 020
 

Fonte:  SmartPeme