Actualidade

« Atrás

CONVOCATORIA DA I ACELERADORA MULTISECTORIAL DE EMPRESAS SMARTPEME, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS

Data:  mércores, 17 de agosto de 2022

 
A Deputación de Pontevedra, a través de Smartpeme presenta a "I Aceleradora multisectorial de empresas Smartpeme" que se realizará en colaboración coa Fundación Roberto Rivas. Esta primeira aceleradora ten como obxectivo prestar apoio e guía na mellora e optimización dos recursos das empresas mediante a incorporación de novas tecnoloxías, de forma que poidan mellorar a súa competitividade. 
Á finalización do programa, a mellor iniciativa acelerada recibirá unha contía de 900€ e a segunda mellor iniciativa acelerada recibirá unha contía de 600€.
 
A quen vai dirixido?
 
A I Aceleradora multisectorial de empresas Smartpeme está dirixida a PEMES, persoas autónomas e emprendedoras da provincia de Pontevedra, que desexen reorientar o seu negocio ou poñer en marcha a súa actividade en liña; así como persoas cun proxecto empresarial ligado a calquera sector en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento e con dispoñibilidade e compatibilidade para seguir as accións formativas propostas.
 
Actividades 
 
A I Aceleradora multisectorial de empresas Smartpeme seguirá as seguintes fases e actividades:
 

*As fechas e horas son susceptibles de modificarse no transcurso do programa

Proceso de selección de participantes
 
Co fin de conseguir unha correcta selección das persoas participantes desta I Aceleradora multisectorial de empresas Smartpeme, o Comité de Avaliación do proxecto Smartpeme realizará unha preselección entre os proxectos en base á documentación presentada polas persoas interesadas e por cada un dos criterios de valoración que están recollidos nas bases:
 
1. Memoria do proxecto: Os interesados terán que cumprimentar, xunto coa solicitude, un formulario de memoria do proxecto, cunha extensión máxima de 5 páxinas que deberá conter:
 
Obxectivo do proxecto
Misión, visión e valores
Actividade que realiza (no que se especifique por que se considera un modelo de negocio innovador no caso de selo; que elementos innovadores e tecnolóxicos incorpóranse, no caso de incorporalos; por que é escalable dixitalmente, no caso de selo; e por que xera impacto na provincia de Pontevedra, en caso de xeralo)
Descrición do produto/servizo
Que pretende alcanzar coa súa participación na I Aceleradora de Empresas Smartpeme
 
2. Perfil das persoas participantes: Presentación do equipo participante e da persoa delegada para a asistencia ao programa. 
 
Unha vez completada a preselección, os membros do equipo técnico de Smartpeme e o Comité de Avaliación realizarán unha pequena entrevista a aqueles proxectos preseleccionados co fin de coñecer e avaliar en detalle o seu potencial de negocio, implicación e necesidades para abordalo.
Unha vez realizadas as entrevistas e realizado o informe final, o Comité de Avaliación seleccionará a un máximo de 8 proxectos participantes na aceleradora. A resolución definitiva dos proxectos seleccionados publicarase tanto na web de Smartpeme como na da Deputación de Pontevedra e será comunicada á interesados vía correo electrónico
Calquera aclaración respecto a as bases ou discrepancia debe ser remitida mediante correo electrónico á dirección info.smartpeme@depo.es. 
 
Lugar, forma e prazo de presentación de solicitudes
 
O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 2 de setembro ás 23:59 horas, non considerándose ningunha candidatura presentada fóra de prazo. 
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/129453167
 
Período lectivo 
 
As actividades do Programa de aceleración executaranse entre o 12 de setembro e o 11 de novembro.
Preferentemente priorizaranse os asesoramentos de forma telemática, aínda que existirá a posibilidade de realizar asesoramentos de forma presencial en función das necesidades da persoa usuaria.
As actividades formativas serán todas en liña para facilitar e garantir a asistencia das 8 empresas seleccionadas que poderán ser de calquera parte da provincia de Pontevedra.
 
Para inscribirche ou consultar calquera dúbida poderá contactar co equipo do proxecto en:
 
Smartpeme Pontevedra 
Edif. Admin. Deputación de Pontevedra 
Av. Montero Ríos s/n 
36071 - Pontevedra 
Email: info.smartpeme@depo.es  
Teléfono: 886 202 020
 

Fonte:  SmartPeme