Actualidade

« Atrás

Consellos básicos sobre seguridade informática para pemes

Data:  venres, 21 de outubro de 2016

As pemes ou pequenas e medianas empresas tamén necesitan dispor de seguridade informática nos seus computadores. Con todo, esta cuestión non sempre se valora e déixanse sen tratar moitos puntos. Por iso imos ver algúns consellos sobre seguridade informática para pemes, de forma que nos poñamos ao día e poidamos gozar dunha tranquila estación estival.

Como podes aplicar a seguridade informática na túa peme:

  • Comproba que os contrasinais sexan verdadeiramente seguros. Para iso deben conter un mínimo de oito caracteres e mesturar símbolos, letras e números.
  • O administrador da rede nunca debe proporcionarlle o seu contrasinal a ninguén e moito menos deixalo escrito onde o poidan ver ou onde poidan acceder a el outros empregados ou persoas alleas á empresa.
  • Debes protexerte do software espía e dos virus, xa que poden borrar ou alterar arquivos ou permitir que outras persoas accedan a eles. Utiliza sempre un antivirus e programas antiespías.
  •  Actualiza o software cando sexa necesario para corrixir debilidades no sistema. En canto estea dispoñible a actualización hai que instalala.
  • Do mesmo xeito, débese configurar unha devasa (ou firewall), que é un programa que analiza o tráfico, tanto entrante coma saínte, dun computador bloqueando determinadas comunicacións e servizos.
  • Ás veces téñense instalados programas de acceso remoto para poder traballar desde outros dispositivos ou localizacións remotas. Debe evitarse proporcionarlle o acceso a calquera, pois poden converterse en grandes portas abertas a toda a información da peme.
  • Utiliza sempre programas legais con licenza porque os que non a teñen poden conter portas traseiras para acceder aos teus equipos. Non é precisamente barato detectar e reparar eses problemas. Ademais, a contía das multas que se poden derivar dun uso ilegal de programas é bastante alta.
  • Utiliza software de código aberto e gratuíto. Está deseñado e programado por unha ampla comunidade de usuarios que axudan ao seu mantemento e desenvolvemento.
  • Elimina sempre o correo lixo porque pode conter virus.
  • Verifica e mantén as copias de seguridade a recado e comproba que se realizan correctamente.

Moitas veces pensamos: quen vai querer saber nada da miña peme? Ese é o primeiro erro que cometemos. A seguridade informática (básica) non require un esforzo descomunal, senón que se basea fundamentalmente en pequenas regras e rutinas que non son difíciles de levar a cabo e que poden protexernos de empregados maliciosos, competidores ou ladróns.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento