Actualidade

« Atrás

Comprender as distintas xeracións é clave para vender mellor

Data:  venres, 26 de agosto de 2022

Millenials, boomers, centennials… que son estes anglicismos e por que se escoitan tanto? Simplemente son uns términos que axudan á sociedade a clasificarse segundo o ano de nacemento, o que inflúe no seu modo de vida e o seu consumo. Por iso, falamos de que comprender mellor ás diferentes xeracións é moi importante para poder coñecer que é o que lles gusta, cal é o seu comportamento como persoas consumidoras e o máis importante, para saber como conectar con esa xeración, e así, poder mellorar a conexión entre a nosa marca e esas persoas que forman o público obxectivo tan diferente.

Polo tanto, sabemos que a xeración Z é aquela que naceu coa dixitalización debaixo do brazo e agora, nestes intres, teñen entre 10 e 23 anos. Ademais, esta xeración, presenta unhas cualidades moi especiais, que deberíamos pararnos a coñecer un pouco:
  • A tecnoloxía vai por diante
  • Son multipantalla e multitarefa (ata 5 pantallas poden pasar polos seus ollos ao mesmo tempo)
  • Naceron nunha época de crise económica, o que define o seu modo de consumo
  • Esixen compromiso social e medioambiental ás marcas
  • Non son fieis a ningunha marca
  • Consomen contido viral que non dura no tempo
  • Utilizan TikTok, Instagram e Youtube a diario
Agora ben, tendo en conta que son "nativos dixitais" imos ver aspectos clave que nos interesarán á hora de poder chegar a eles coa nosa marca.
  1. Aposta pola túa marca: isto quere dicir que si aínda non definistes os teus valores, e a misión e visión do teu negocio, non poderás crear unha marca forte e con personalidade. Pensa que esta xeración soamente interactúa con aquelas marcas que comparten os mesmos valores ca eles. Dato: máis do 70% desta xeración conecta con marcas éticas e conscientes. Tamén é importante que a túa marca mostre o seu carácter, estar á última de todas as tendenzas e por suposto, subirse a elas!
  2. Transparencia e marketing consciente: como ben te puidemos dar a entender no primeiro punto, converterse nunha marca ética e transparente é fundamental. A responsabilidade de todo o impacto que xera o teu negocio debes asumila para poder ser máis crible. Ter boas opinións da clientela e boa percepción da túa marca é fundamental.
  3. Contido de calidade: estar á ultima, seguir as tendenzas, subirse ao contido de calidade é moito mellor que facelo en cantidade e sen consistencia. Lembra que o contido que xeres nas redes sociais debe ser útil para estas persoas que forman o teu público. Ten algún propósito? Compartes por compartir? Vai enfocado cara os seus obxectivos?
  4. Comunícate con eles/as: este punto vai orientado cara construir unha comunidade que reflexe os valores da túa marca. Dar feedback, saber que pensan ou que lles preocupa poder ser para ti unha vantaxe para poder adiantarte ás súas necesidades.
  5. Entretemento por riba de todo: xa falamos que en esta xeración son fieis a TikTok, se aínda non estás, non sei a que esperas. Eles e elas son nativos dixitais e buscan entretemento para pasar o seu tempo libre. Como facelo? A través de vídeos moi curtos en Instagram, Youtube Shorts ou TikTok. Podes facer colaboracións coa clientela, coas persoas proveedoras ou outras marcas afíns…, facer tutoriais, responder a comentarios ou preguntas…
Lembra que estes aspectos ou estratexias de márketing deben sempre orientarse cara mellorar a túa relación entre esta xeración e a túa marca, servizos ou produtos.
 
Non esquezas que cada xeración ten as súas particularidades e é importante que as teñas en conta para elaborar o teu buyer persona ou clientela ideal. Se nalgún caso, necesitas axuda sobre como poder mellorar a túa interacción coas diferentes xeracións, non dubides en contactar con calquera asesor ou asesora de SmartPeme.
 
 
Fátima Faílde
Asesora TIC
 
 

 

Fonte:  SmartPeme