Actualidade

« Atrás

Como usar o contido en directo na miña estratexia

Data:  venres, 25 de febreiro de 2022

 
O contido en directo ou live videos é o tipo de contido emitido en tempo real que as persoas usuarias poden consumir ao instante. É unha maneira de crear contido que creceu nos últimos anos, sobre todo desde marzo de 2020, e que veu para quedar. 
 
O contido en directo proporciona un efecto de exclusividade e, xunto á necesidade de ser consumido ao instante, permite ás empresas crear contido para ter ás persoas seguidoras atentas ás súas plataformas.  
 
Existen diferentes tipos de contido en directo en función da rede social da que esteamos a falar:
 
En primeiro lugar, Facebook e os seus Facebook Live, ideal para interactuar coas túas persoas seguidoras, que recibirán unha notificación conforme estás a emitir en directo. 
 
Temos tamén Youtube Live, presente en Youtube desde 2008. Unha opción que permite interactuar coa audiencia mediante comentarios. Ademais, poderemos gardar o directo e publicalo como un vídeo máis na canle.
 
En Instagram podemos facer directos a través da opción "en directo" e crealo de forma similar a Instagram Stories. Podemos interactuar coa audiencia e cando empecemos a emitir, as nosas persoas seguidoras serán notificadas.
 
Unha das plataformas que máis creceu nos últimos tempos é Twitch, unha plataforma relativamente nova que permite conectar coa audiencia a través da interacción nos directos.
 
Tik-Tok tamén ten a opción de Tik-Tok Live, para persoas usuarias maiores de 16 anos e coa opción de emitir en directo e interactuar coa audiencia.
 
Por último, non podemos esquecernos da rede social profesional por excelencia, Linkedin e Linkedin Live. Ofrece a posibilidade de emitir en directo, pero, para iso é necesario enviar unha solicitude e que sexa aceptada por Linkedin para poder empezar a utilizala. 
 
Valorando todas as opcións das que dispoñemos, imos ver os beneficios que podemos obter con este tipo de contido:
  • É económico, xa que podemos realizalo a través de redes sociais e só necesitamos unha boa cámara ou móbil, boa iluminación e ganas!
  • É un contido diferente, xa que se trata dun formato máis próximo e distinto ás famosas publicacións, non é editado, polo que resulta máis fresco e espontáneo.
  • Permite a interacción directa coa nosa comunidade.
  • É un contido único e exclusivo, que ademais perderán se non seguen as túas publicacións.
  • Mellora o noso posicionamento, xa que fomenta a participación e interacción das persoas usuarias, o que fai que o algoritmo nos favoreza.
Con todo isto, se empezas a valorar como incluír contido en directo na túa estratexia, imos darche, como conclusión, ideas de como facelo:
  • Transmitir un evento en directo.
  • Lanzamento dun novo produto ou servizo.
  • Preguntas e respostas, moi boa opción para achegar a marca á túa audiencia.
  • Promoción, oferta ou concurso.
  • Un "detrás de cámaras" no que poder ver á marca de forma máis próxima e transparente.
 
María Aller
 
Asesora TIC
 

Fonte:  SmartPeme