Actualidade

« Atrás

Como mellorar as fotos que fas co teu teléfono intelixente e outros dispositivos móbiles

Data:  xoves, 12 de novembro de 2015

As persoas expertas nos avances das novas tecnoloxías din que nos últimos dez anos se produciron cambios moito máis importantes ca nos últimos cen. Pensar que un teléfono intelixente podía substituír a unha cámara compacta era de ciencia ficción, non o podiamos imaxinar.
Temos que recoñecer o grande e significativo avance que os fabricantes de sensores para dispositivos móbiles levaron a cabo, xa que a día de hoxe estes son capaces de facer fotografías, gravar vídeos cunha excelente calidade e, ademais, captar instantes en poucos segundos e compartilos en varias plataformas sociais. 
As vantaxes de utilizar o teu teléfono intelixente para capturar momentos e manter os teus seguidores informados dos teus eventos e novos produtos ou servizos son moitas, principalmente pola inmediatez e porque melloran a usabilidade, sen deixar de pensar no aforro que podería ocasionar na compra de equipos fotográficos.
 
Por iso analizaremos unha serie de recomendacións e consellos para utilizar os nosos dispositivos para captar momentos e comprobar que nos poden servir de axudar nas nosas campañas comerciais. 
 
Indistintamente, sexa cal for o teléfono que elixas para facer as fotos, é importante que como mínimo teña 8 megapíxeles de resolución na cámara traseira. A partir dese número gañarás en calidade de imaxe. Así mesmo é recomendable que o dispositivo teña autofocus. 
Existen unha serie de accesorios, coma o trípode, que axudarán a mellorar as túas imaxes antes de premer o botón. No mercado hai unha gama de opcións de trípodes ideais para teléfonos a prezos alcanzables, coma o Gorilla Pod Mobile, entre outros. Tamén podes utilizar lentes externas colocadas na cámara do teu móbil, por se queres facer fotos de tipo macro ou de paisaxes cunha lente angular, ou a coñecida "ollo de peixe". Véndenas de diferentes prezos, calidades e fabricantes.
Canto ás aplicacións para mellorar as fotos existen unha gran variedade cunha interface bastante intuitiva. O ideal é mirar os comentarios e as valoracións do usuariado que as probou para decantarnos por algunha. As aplicacións foron deseñadas para sacarlle o máximo proveito ao teu teléfono intelixente. Non obstante, estes dispositivos xa veñen de fábrica con funcionalidades para mellorar as fotos; sería bo que as probases e que, se non ofrecen os resultados que esperabas, acudises a unha das aplicacións alternativas de mellora de imaxes. 

Estas aplicacións permítenche modificar os valores de exposición para as condicións de luz que teñas no momento de facer a foto, sexa iluminación natural ou artificial; é dicir, antes de pulsar o botón poderás configurar ou axustar niveis de brillo, contraste, exposición, saturación das cores ou de nitidez. Á súa vez podes facer recortes da foto, cambiar o balance de brancos e subir o ISO para conseguir máis cantidade de luz. Doutra banda, tamén contan con opcións moi útiles, como compartir as túas imaxes en redes sociais ou simplemente envialas por correo electrónico, dunha maneira moito máis rápida. 

Se unha vez que sacaches a foto aínda cres que pode ser mellorada, a aplicación Free AdobePhotoshop Express, gratuíta para Android e iOS, axudarache no proceso de retoque.

 
 
 
Nirioxis Rodríguez 
Fotógrafa
CPAE 2.0

Fonte:  CPAE