Actualidade

« Atrás

Como axuda á miña empresa a publicidade de Facebook?

Data:  luns, 21 de setembro de 2015

É máis que probable que na estratexia de redes sociais da nosa empresa se atope Facebook, que é a rede social máis popular, con maior penetración e, por tanto, un dos mellores medios para chegar ó noso público obxectivo. Pero Facebook ten as súas propias normas que debemos coñecer para que a nosa mensaxe chegue de forma efectiva ó público ó que nos diriximos.

Quen le as nosas publicacións de empresa en Facebook ?

Cando realizamos unha publicación na nosa páxina de empresa de Facebook asumimos que chegará todas as persoas que a seguen (a todos o usuariado que premeu "Gústame" na páxina). Pero non é así. Facebook utiliza un algoritmo que pretende atopar un perfecto equilibrio entre as publicacións das páxinas e as publicacións das amizades de quen nos segue. Por tanto, o número de publicacións de páxinas que lles mostrará non serán todas, senón que Facebook decidirá cales e cantas mostrará.

Facebook Ads

Como solución a este déficit de visibilidade podemos utilizar a publicidade de Facebook ou Facebook Ads. As campañas creadas neste sistema publicitario permítennos obter diferentes beneficios para o noso negocio, en función do obxectivo que pretendamos alcanzar: atraer persoas ó noso sitio web, aumentar as conversións no noso sitio web, promover as nosas publicacións en Facebook para que consigan maior alcance, aumentar en número de persoas seguidoras da nosa páxina de Facebook…

As vantaxes que nos achega Facebook Ads son as seguintes:

  • Permítenos segmentar de forma moi detallada e axustar os nosos anuncios á nosa clientela potencial ideal.
  • Permite que os nosos anuncios sexan virais, xa que poden expandirse cada vez máis entre as amizades das persoas que nos seguen. Isto é moi beneficioso, xa que unha recomendación ten moita máis forza cando vén de alguén alleo á empresa que se publicita.
  • Resulta moi económico xa que unicamente pagamos polos clics ou persoas seguidoras obtidas. Deste xeito, se logramos facer unha segmentación correcta e crear anuncios atractivos, conseguiremos que os nosos anuncios se lle mostren a xente realmente interesada neles, e estes serán os que lles fagan clic.
  • Permítenos interactuar coas usuarias e usuarios mediante xogos, sorteos, concursos ou simples enquisas con opcións. Esta retroalimentación permitiranos coñecer os seus intereses e utilizalos a favor da nosa empresa.
  • Poderemos medir os resultados obtidos, xa que Facebook mostra informes detallados. Así poderemos optimizar cada vez máis as nosas campañas de modo que aumenten a súa rendibilidade.

Por tanto, incorporar unha partida no noso (axustado ou non tan axustado) orzamento de márketing en liña é unha boa idea: económico, con baixo risco e dirixido á nosa clientela potencial.

Anímaste a realizar a túa primeira campaña?

 

Autora: Esther Garcinuño. Asesora TIC CPAE 2.0

Fonte:  CPAE



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento