Actualidade

« Atrás

Ciberseguridade, a necesidade real de protexerse

Data:  luns, 03 de decembro de 2018

É un feito que o funcionamento diario das nosas empresas, grandes ou pequenas, está baseado na tecnoloxía. Cada día son máis globais, máis móbiles e dixitais. A través de dispositivos electrónicos como ordenadores, tablets ou móbiles, manexamos moitos datos sensibles do noso negocio como listas de clientes ou provedores, contas bancarias ou ordes de pago. Tamén, enviamos ou recibimos e-mails con todo tipo de información.

Máis a miúdo do que pensamos, lemos ou escoitamos noticias relacionadas con ciberataques. Por exemplo, termos como ransomware, malware, troyanos ou vermes cada día resúltannos máis familiares. A ameaza dun ciberataque, o que nos entre un virus malicioso e borre a información ou a perda dunha simple copia de seguridade pode afectar, e moito, ao noso negocio.

Neste sentido, a modo de exemplo, podemos mencionar o caso do 12 de maio de 2017 cando comezou unha infección masiva de equipos a nivel mundial, tanto de persoas como de empresas ou organizacións. O causante? Un malware de tipo ransomware que provocaba o bloqueo ao acceso aos ficheiros do computador e, posteriormente, solicitaba un rescate para permitilo.

Grazas a estes ciberataques, somos máis conscientes de que isto é un problema real. Peo… moitas veces pénsase que se se é autónomo e unicamente tense un pequeno negocio, este tipo de ataques nunca vai pasarnos. Pois ben, este tipo de pensamento é erróneo, xa que os últimos ataques propáronse, entre outros métodos, a través de listas de correos masivos, redes sociais ou mensaxería instantánea polo que non hai un obxectivo tipo.

Entón, é necesario protexerse? Se, con toda rotundidade. Non importa o tamaño do teu negocio, xa sexas unha peme, autónomo ou emprendedor é necesario dispoñer dos coñecementos, protocolos e ferramentas necesarias para facer fronte a este tipo de ameazas que, lamentablemente, son máis habituais cada día.

Para evitar todo isto, xorde a ciberseguridad para protexer os sistemas informáticos de ataques maliciosos que puidesen poñer en risco o correcto funcionamento do sistema. É, por tanto, a práctica necesaria para previr calquera tipo de ataque malicioso, protexer os sistemas informáticos, pero ademais, tamén se encarga de educar ao usuario final para que poida detectar ataques de tipo phishing ou suplantacións de identidade.

Así, na oficina de SmartPeme en Barro-Meis, o equipo de asesores pode ofrecerche a axuda que necesitas en materia de  ciberseguridad. Por iso, o vindeiro xoves día 13 de decembro, impartirase un taller relacionado con este tema baixo o nome "Once pautas que debe seguir unha peme para previr  ciberataques", co que se busca concienciar na necesidade de protexer o noso negocio contra posibles ataques. Para reservar a túa praza, chámanos ao 886 20 20 20, entra na web, www.smartpeme.depo.es ou envía un correo electrónico a info.smartpeme@depo.es.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento