BLACK FRIDAY 2020 - Actualidade
Actualidade
« Atrás
BLACK FRIDAY 2020
Data: venres, 27 de novembro de 2020
Hoxe, 27 de novembro, celébrase o maior evento de descontos do ano e, aínda que cada vez son máis os comercios que estenden esta data a varios días ou incluso todo o mes de descontos, o Black Friday ou "venres negro" é un importante evento comercial que chegou para quedar.
No Black Friday, comercios físicos e en liña prepáranse con importantes descontos para ofrecer a oportunidade ás persoas consumidoras de adiantar as súas compras do Nadal.
Cada ano cae nunha data distinta, aínda que sempre en venres, xa que se celebra xusto despois de Acción de Grazas, tradición estadounidense que ten lugar sempre o cuarto xoves de novembro.
E este ano, sen dúbida, a pandemia provocará que sexa o ano das compras en liña, tendencia que vimos no que vai de ano á alza e que cada vez máis os pequenos e medianos comercios ofrecen como unha alternativa e complemento ás súas tendas físicas, moitas tan danadas polas restricións e medidas adoptadas durante este atípico ano 2020.
Segundo un estudo publicado polo portal en liña Privalia, un 51% das persoas españolas teñen intención de realizar as súas compras a través de internet e estímase que o comerico en liña representará o 89% das compras, sendo o móbil o dispositivo preferido para facelas.
Extraemos ademais que a metade das persoas españolas recoñece adiantar as súas compras do Nadal a esta data para aproveitar as promocións. Outros datos que conclúen é que hai aspectos que as persoas consumidoras valoran moito á hora de optar pola compra en liña como son os envíos gratuítos (34%), a calidade do produto (29%) e a posibilidade de devolución (20%).
Respecto a as categorías de produtos que comprarán, a moda e o calzado con son as opcións preferidas seguidas de tecnoloxía, moda infantil, deporte e fogar.
Ademais, non debemos perder de vista o Cyber Monday, evento celebrado o luns 30 (coincidindo sempre o luns seguinte ao Black Friday) no que reinarán as ofertas en produtos de tecnoloxía e electrónica.
María Aller
Asesora TIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento