Actualidade

« Atrás

Aumenta a conversión na túa e- commerce aceptando pagos aprazados

Data:  venres, 21 de maio de 2021

 

Se temos que destacar un feito derivado da pandemia de 2020, e que arrastramos este 2021 é o incremento das vendas en liña, e por tanto das tendas en liña.
Os negocios que ata entón só existían "offline" coas súas tendas físicas, atoparon unha saída na canle en liña, e aquelas que xa contaban con el vírono potenciado.
Se analizamos o proceso de venda en liña, o chamado "embude de conversión", debemos ter en conta que todas e cada un das súas fases son importantes, pero o último paso do checkout (o pago) é fundamental. Que este proceso sexa sinxelo, seguro e ofrecer ou non certa modalidade de pago pode marcar a diferenza entre que a venda se realice ou teñamos un novo "carriño abandonado". 
Un dato que apoia esta afirmación: No ano 2020, 1 de cada 4 persoas consumidoras en España, e en xeral en Europa, mostraron preferencia por comprar en tendas que permiten aprazar o pago da súa compra. Esta tendencia incrementarase ata triplicarse en 2023, segundo o estudo  Worldpay 2020 Global  Payments  Report.
 
En que consiste o pago aprazado en e-commerce
 
O concepto pago aprazado implica unha compra inmediata que o cliente realiza na nosa tenda en liña a través dunha tarxeta bancaria, pero coa diferenza de que os pagos se realizarán no futuro.
Algúns dos seus beneficios máis apreciados polos consumidores son a súa flexibilidade á hora de poder seleccionar diferentes opcións de pago nas súas compras e a rapidez, xa que a aceptación deste financiamento é un proceso rápido e sinxelo.
Existen diferentes modalidades de pagos aprazados en e- commerce, utilizados polas empresas financeiras que ofrecen este servizo:
- Compra agora e paga despois. Por exemplo, Aprázame permite aos clientes a posibilidade de pagar as súas compras 15 días despois de que o comercio envíellas. O beneficio deste pago único é que non ten comisión para o cliente, aínda que si para o e- commerce.
- Pago a prazos. A operativa desta modalidade consiste no pago inmediato dunha primeira cota no momento da compra e pagos periódicos posteriores. No caso de Clearpay (antiga Pagantis), o pago realizaríase en 4 pagos cada 14 días e no de Aprázame ata en 36 meses. É común que nesta modalidade tanto comerciante como cliente soporten unha porcentaxe sobre a venda en concepto de comisión financeira.
 
Consellos para elixir a mellor solución para a túa e-commerce
 
Á hora de seleccionar un socio de financiamento para a nosa tenda, debemos ter en conta certos aspectos:
- Os requisitos necesarios para que admitan a nosa solicitude.
- Comisión que soportaremos como negocio.
- Comisión soportada pola clientela.
- Número de prazos ofrecidos á clientela.
- Prazo no que o importe financiado aparecerá na nosa conta bancaria.
- Integración coa plataforma da nosa tenda en liña.
 
Implementación de pagos aprazados na túa tenda en liña
 
Contar na túa tenda en liña un servizo deste tipo para a túa clientela é sinxelo:
1. Crea unha nova conta na web dalgunha das plataformas existentes (as máis populares en España son Pagantis, Clearpay, Klarna, Sequra, CaixaBank Payments & Consumer).
2. Tras a aceptación do perfil do teu e- commerce, terás que asinar o contrato de financiamento que debes descargarche ou che enviarán ao teu e-mail.
3. Integrar a nova forma de pago na túa tenda en liña. Normalmente consistirá nun módulo/ plugin facilmente configurable.
4. Ver como se incrementa a túa taxa de conversión e diminúe o número de carriños abandonados. 
Se queres que che axudemos a implementar esta ou outras solucións para impulsar a túa e- commerce, solicita hoxe mesmo a túa cita en Smartpeme e darémosche as claves para iso.
 
Esther Garcinuño de Pablos
Asesora TIC
 
 

Fonte:  SmartPeme