Actualidade

« Atrás

Aplicacións que non podes perder se fas turismo

Data:  venres, 25 de xuño de 2021

 
O sector turístico converteuse nunha industria que non deixa de innovar en todos os sentidos, é por iso que xurdiron centos de apps para facilitar a xestión das viaxes, tanto para as persoas propietarias dos establecementos como para as persoas turistas que buscan non tardar moito tempo en conseguir a súa viaxe ideal.
 
Entre as aplicacións máis novas e sinxelas que existen agora mesmo atopamos: 
 
iPlaya: Se optastes por un destino asollado, non podemos máis que recomendarvos a app iPlaya, xa que é unha das apps máis completas para esta información. Esta aplicación é perfecta porque fai uso da nosa localización e ensínanos que praias temos preto. Por outra banda, tamén nos servirá para descubrir outras costas doutras provincias.
 
Revolut: Revolut lanzouse hai uns anos cunha ambiciosa misión; darlle a volta por completo ao sector bancario. Esta aplicación é moi útil para persoas viaxeiras porque lles permite crear unha conta corrente de maneira moi rápida. Desta forma, poden realizar transaccións no estranxeiro con máis de 130 divisas e, o mellor de todo, sen comisións. Ademais, serviranos de axuda por se queremos realizar transferencias tanto no ámbito nacional como no internacional. Como engadido extra, tamén poderemos realizar operacións con criptodivisas.
 
Timpik: Unha rede social nada para practicar deporte e coñecer persoas locais. Nesta app, permíteche elixir o tipo de deporte que queres realizar e atopar ao teu compañeiro ou compañeira ideal na cidade á que viaxes.
 
My Streetbook: Esta app recoméndache roteiros personalizados que conecta os intereses de cada persoa con lugares nos que vivimos ou visitamos. Podes planificar unha viaxe e improvisar na túa contorna. 
Esta app relaciona á persoa visitante cos destinos que lle interesan e ademais ten en conta horarios, medios de transporte e accesibilidade. con condicións externas como horarios, medio de transporte ou cuestións de accesibilidade.
 
Hacia rutas salvajes: Se o que buscas é saír da cidade, esta app é perfecta para ti porque che axuda a atopar roteiros na natureza preto do teu lugar de residencia. Esta app ten a opción de escoller se queres ir andando ou se prefires ir en bicicleta, ademais diso, tamén se pode escoller niveis de dificultade.  
 
PastViews: Se buscas unha actividade que faga uso das últimas tecnoloxías, esta é a túa opción. Con Pastviews podes realizar un circuíto que será guiado a través dunhas smartglasses de realidade virtual por diferentes cidades representativas. Con estas lentes poderás visitar unha cidade en diferentes épocas. 
 
GreenGlobe: A aplicación Green Globe é unha aplicación móbil para iOS e Android que permite ás persoas viaxeiras buscar servizos turístico sostibles, inclúe aloxamentos, centros de conferencias, atraccións, circuítos e opcións para vodas. Esta app cumpre con todos os requisitos de xestión de sustentabilidade para ter o certificado. 
 
Ter o apoio destas aplicacións no teu peto proporcionará as persoas viaxeiras e aos establecementos turísticos ferramentas de conexión entre ambos para facer a comunicación máis sinxela entre ambos e conseguir a experiencia perfecta.
 
Mariana Rosa 
Asesora TurisTIC
 
 

Fonte:  SmartPeme